Illa de Pentecoste: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 14 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q960808
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 49:
Pentecoste foi descuberta no día de [[Pentecoste]], [[22 de maio]] [[1768]] por [[Louis Antoine de Bougainville]]. Tamén foi avistada polo capitán [[James Cook]], durante a súa viaxe a través das [[Novas Hébridas]] (actual Vanuatu) no 1774. Foi influenciado por diferentes e sucesivos misioneiros [[cristianismo|cristiá]]s, pero os [[costume]]s tradicionais seguen resistindo fortemente.
 
A illa de Pentecoste é famosa por ser o berce espiritual do [[deporte extremo]] do ''[[puénting]]'' que ten orixe nun antigo ritual chamado [[naghol]]. Entre abril e xuño de cada ano, os homes do sur da illa saltan desde o alto dunhas torres de [[vide]]s atados polos seus pés nun ritual para asegurar unha boa [[colleita]] de [[ñame]]. O ritual tamén é utilizado para mostrar [[rito de iniciación |a iniciación á idade adulta]]. O naghol deuse a coñecer internacionalmente, cando [[David Attenborough]] e un [[equipo de filmación]] da [[BBC]] rodou imaxes do ritual durante o decenio de 1950. A raíña [[Isabel II do Reino Unido]] visitou Pentecoste en 1974 e foi testemuña da cerimonia, durante a cal morreu un participante debido a que o salto realizouse durante unha [[estación seca]], cando as vides son moito menos [[elasticidadeElasticidade (mecánica)|elástica]]s. Hoxe en día, os turistas pagan grandes sumas de diñeiro para presenciar a cerimonia, a miúdo durante viaxes dun día que parten de [[Port Vila]].
 
O pobo do norte de Pentecoste, Laone foi o berce de [[Walter Lini]], quen levou á independencia de Vanuatu en 1980. Hoxe en día, o '[[pai da nación]]' é homenaxeado cunha [[estatua]] preto do Lini Memorial College.