Diferenzas entre revisións de «Pérgola»

sen resumo de edición
[[FileFicheiro:Laubo-koridoro en Castrelos, Vigo.jpg|right|thumb|250px|Pérgola con [[xasmín]]s e [[roseira]]s rubideiras nun camiño no [[Parque de Castelos]] en [[Vigo]].]]
[[File:Settimo Vittone Tupiun.JPG|thumb|200px|Unha ladeira con [[socalco]]s cubertos con parras en [[Settimo Vittone]], [[Piemonte]].]]
[[File:1949 - Salzburg - Mirabellgarten.JPG|thumb|right|200px||Abeiro e sombra nun túnel verde, con materiais modernos, en Mirabellgarten, [[Salzburgo]]]]
[[File:Pergola canaria.JPG|thumb|right|200px|Pérgola cuberta cunha [[bouganvílea]]]]
[[Ficheiro:Pavement with arbour - compressed.jpg|thumb|Pérgola metálica formada por piares cilíndricos e cangos planos como [[teito]]. As [[planta rubideira|plantas rubideiras]] ([[buganvílea]]s), aínda novas, co tempo han cubrir a estrutura e aumentarán a superficie de sombra. O chan poroso so a estrutura, tradicional en climas cálidos, permite a acumulación e posterior evaporación da auga refrescando o paseo.]]
[[Ficheiro:Pérgola. Poste de ladrillo y viga de hormigón.jpg|thumb|Pérgola realizada en obra: con postes de tixolo árabe e trabes de formigón. Ten unicamente as trabes principais: aquelas que fican entre entre poste e poste. Unha estrutura de arames de aceiro dá soporte entre trabe e trabe á vexetación.]]
[[File:Pérgola modelo habana en Plaza de les Corts, Benicassim.JPG|thumb|Pérgola na Plaza de les Corts, Benicàssim]]
 
Unha '''pérgola''' é un [[elementos arquitectónicos de xardín|elemento arquitectónico propio de xardíns ou paseos]] que consiste nunha armazón formada por columnas que sosteñen trabes polas que ruben plantas, co fin de dar sombra e ornamental. En [[Lingua inglesa|inglés]] soe denominarse coma ''arbour''<ref>Inclúense algúns termos en inglés pola importancia destes elementos na xardinaxe inglesa</ref>.
O termo relacionado '''emparrado''' (ou parra) só se refire á suxeición dunha [[videira]] cunha estrutura que normalmente non deixa de ser unha pérgola. Nalgúns vocábulos aparece como '''parreira'''<ref>http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=parreira&tipo_busca=lema</ref> .
[[FileFicheiro:Settimo Vittone Tupiun.JPG|thumb|200px|Unha ladeira con [[socalco]]s cubertos con parras en [[Settimo Vittone]], [[Piemonte]].]]
==Descrición==
A pérgola é un [[elemento arquitectónico]] e estrutural, conformado por un corredor flanqueado por columnas que soportan trabes lonxitudinais que unen as columnas de cada banda, e outras transversais, os cangos ou ripas, que unen ambas bandas e suxeitan un enreixado aberto ou enlatado, onde usualmente se desenvolven plantas rubideiras. O uso máis común é a protección de zonas de paso dunha zona axardinada, zonas de lecer, xantar, etc. mais tamén poden formar parte dun edificio como protección de zonas peonís.
[[FileFicheiro:1949 - Salzburg - Mirabellgarten.JPG|thumb|right|200px||Abeiro e sombra nun túnel verde, con materiais modernos, en Mirabellgarten, [[Salzburgo]].]]
 
A verba galega pérgola (en portugués tamén ''pérgula'') provén da palabra [[lingua italiana|italiana]] ''pergola'' e, á súa vez, esta procede da verba [[latín|latina]] ''pergula''. O termo en italiano xa era utilizado arredor de 1645 e en inglés usábase este termo en 1675. En galego é un vocábulo moderno, empregándose antigamente (e referido ás videiras) o termo emparrado ou parreira.
[[Ficheiro:Pavement with arbour - compressed.jpg|thumb|Pérgola metálica formada por piares cilíndricos e cangos planos como [[teito]]. As [[planta rubideira|plantas rubideiras]] ([[buganvílea]]s), aínda novas, co tempo han cubrir a estrutura e aumentarán a superficie de sombra. O chan poroso so a estrutura, tradicional en climas cálidos, permite a acumulación e posterior evaporación da auga refrescando o paseo.]]
 
As pérgolas poden ligar [[Pavillón (arquitectura)|pavillóns]], poden facer de [[marquesiña]]s nas portas dos edificios cara as zonas axardinadas como terrazas ou piscinas, e poden ser estruturas completamente autónomas que fornecen sombra e acubillo ao longo dun carreiro.
[[Ficheiro:Pérgola. Poste de ladrillo y viga de hormigón.jpg|thumb|Pérgola realizada en obra: con postes de tixolo árabe e trabes de formigón. Ten unicamente as trabes principais: aquelas que fican entre entre poste e poste. Unha estrutura de arames de aceiro dá soporte entre trabe e trabe á vexetación.]]
As pérgolas son elementos arquitectónicos de maior lonxevidade ca os ''túneles verdes'' dos xardíns da [[Alta Idade Media]] e principios da [[Renacencia]], que estaban a miúdo formados por gromos novos e flexíbeis de [[salgueiro]]s ou [[abeleira]]s unidos pola testa para formaren unha serie de arcos, sobre os que se tecían uns listóns lonxitudinais, onde se desenvolvían as plantas rubideiras para facer un paseo fresco, sombrizo e moderadamente seco.
 
Na [[Villa La Petraia]] os segmentos curvados interiores e exteriores dos paseos verdes, precursores das actuais pérgolas, formaban unha estrutura que podía ser vista desde unha terraza situada máis arriba e proporcionaban algo de intimidade ao fogar ofrecendo unha visión frondosa dunha horta encravada que evocaba o [[Xardín do Edén]].
 
A artificialidade tan natural das pérgolas converteunas nun dos elementos favoritos dos [[Xardín inglés|xardíns naturalistas de estilo inglés]] dos [[século XVIII|séculos XVIII]] e [[século XIX|XIX]]. Algunhas das pérgolas máis fermosas foron realizadas con [[piar]]es de tixolo e pedra e rexos cangos como elementos característicos dos xardíns deseñados por Sir [[Edwin Lutyens]] e [[Gertrude Jekyll]], convertendo estas estruturas firmes e luxosamente plantadas en sinatura dos seus deseños.
 
=== En Galiza ===
En Galiza aínda que non son aínda moi comúns as pérgolas en xardíns privados o que si é común é o uso análogo dos emparrados de videiras á beira das vivendas para dar sombra (ademais de viño), onde se adoitan celebrar os xantares e ceas no verán. Hoxe en día a videira comparte lugar co [[Kiwi (planta)|kiwi]] e diferentes especies de [[roseira]]s rubideiras, [[glicinia]]s, [[xasmín]]s, etc. A pérgola tradicional en Galiza soe constar de elementos verticais postes chantados (piares) en [[Granito|pedra de gra]], con elementos horizontais (forxado) en madeira de carballo, castiñeiro ou [[robinia]] polos que medran as [[videira]]s. É común plantar [[roseira]]s decorativas á beira dos postes de pedra. As máis das veces a parra vai acaroada á vivenda ou a outra construción auxiliar, constando soamente de dous piares. Non é raro atopar nas pérgolas, e, en xeral, nos emparrados, postes transversais apoiados nos verticais para impedir o xiro e envorcado da estrutura.
 
<center>
<gallery>
ImageFicheiro:Arbour in Göteborg.jpg|Pérgola no exterior dun edificio da Universidad de Gotemburgo.
ImageFicheiro:EastAsiaInstituteRoof.JPG|Pérgola de metal [[galvanizado]].
ImageFicheiro:Pergola2.JPG|Pérgola de madeira nun xardín de Oregón ([[EUA]]).
ImageFicheiro:Vine Groombridge.JPG|Emparrado preto de Grommbridge ([[Reino Unido]]).
[[FileFicheiro:Pergola canaria.JPG|thumb|right|200px|Pérgola cuberta cunha [[bouganvílea]]]].
</gallery>
</center>
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
*'''[[Elementos arquitectónicos de xardín]]'''
====Outros elementos arquitectónicos de xardín====
*[[Gazebo|Palco]] (''gazebo'')
*[[Quiosco]]
*[[Pavillón (arquitectura)|Pavillón]]
*[[Celosía (arquitectura)|Celosía]]
*[[Espaleira]]
 
====Outros artigos relacionados ====
*[[Planta rubideira]]
*[[Patio]]
*[[Porche]]
*[[Eira]]
=== Ligazóns externas ===
*[http://casaoriginal.com/arquitectura/arquitectura-moderna-impactante-casa/ Pérgola a cubrir parte dunha piscina]
 
*{{commonscat|Pergolas|Pérgolas}}
 
[[Categoría:Construcións de xardín]]
194.933

edicións