Pío XI, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias|data=maio de 2013}}
{{PapS-XX}}
 
Liña 17 ⟶ 18:
O [[6 de febreiro]] de [[1922]], á morte de [[Bieito XV, papa|Bieito XV]], foi electo [[papa]] polo [[Sacro Colexio Cardenalicio]] en [[Conclave]]. A súa coroación papal realizouse na explanada da [[Basílica de San Pedro]], acto que despois sería imitado por [[Pío XII, Papa|Pío XII]], [[Xoán XXIII, Papa|Xoán XXIII]] e [[Paulo VI, Papa|Paulo VI]], e lugar onde se realizan as actuais "Misas de Inicio de Pontificado". dende a autoproclamación da "catividade" da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] por [[Pio IX, papa|Pío IX]] en [[1870]], era esta a primeira coroación pública dun papa dende entón. Os seus predecesores foron coroados na [[Basílica de San Pedro]] ou na [[Capela Sistina]], como o fixeron [[León XIII, papa|León XIII]], [[Pio X, papa|Pío X]] e [[Bieito XV, papa|Bieito XV]]).
 
O seu papado caracterizouse polo recoñecemento do [[Italia|Estado italiano]] por parte da Igrexa, cuestión pendente dende a ocupación dos [[Estados Pontificios]] polo reino de [[Italia]] en 1870. '''Pío XI''' asinou co goberno italiano de [[Benito Mussolini]] e o rei [[Vítor Manuel III]] o [[Tratado de Letrán]] (febreiro de [[1929]]), que deu nacemento ó estado [[Vaticano]] independente.
 
Este acordo, que poñía fin ó estado de cousas vixente dende [[1870]], fora procurado por ambas partes, e a ambas conviña. Para [[Mussolini]], que buscaba un achegamento ós [[católicos]], cuxa posición ante o [[Fascismo]] fora bastante fría. Para a [[Igrexa Católica Romana|Igrexa]], o obte-lo recoñecemento de dereito do seu estado, que aínda que reducido a unha mínima expresión territorial, colocaba a este dentro do concerto das nacións do mundo, con capacidade de establecer relacións diplomáticas.
 
En Italia, o partido católico do dirixente político [[Luigi Sturzo]], chamado [[Partido Popular (Italia)|Partido Popular]], e opositor ó [[fascismo]], disolvérase pouco antes. '''Pío XI''' animou ós [[católicos]] italianos nas eleccións de marzo de [[1929]] a que votasen ós fascistas, e catalogou a [[Benito Mussolini]] como ''un home enviado a nós pola providencia''.
 
De ton similar foi o acordo ou [[concordato]] celebrado coa [[Alemaña Nazi]] o [[20 de xullo]] de [[1933]], e que implicou, como o [[Tratado de Letrán]] para [[Italia]], a imposición do [[Código de Dereito Canónico]] en [[Alemaña]] e a desarticulación da intervención en política dos católicos. No caso de [[Alemaña]], o [[Partido de Centro (Alemaña)|Partido do Centro]] do ex chanceler [[Heinrich Brüning]] foi disolto, co que os [[nazis]] ficaron sen oposición legal algunha no seu país.
 
A pesar do seu intransixente [[anticomunismo]], que compartía con quen era un dos seus colaboradores máis próximos, Uxío Pacelli, o futuro [[Pío XII, papa|Pío XII]], cara o final do seu pontificado, en marzo de [[1937]], '''Pío XI''' emitiu unha [[encíclica]] coñecida como ''Con candente preocupación'' (en [[alemán]]: ''Mit brennender sorge''), en onde se condenaba nunha forma moi tépeda ó réxime [[nazi]]. A pesar do ton moi vago das afirmacións deste documento, [[Adolf Hitler]] ordenou a [[Reinhard Heydrich]], xefe da [[Gestapo]], que incautase e destruíse as copia do mesmo, e as relacións entre a [[Alemaña Nazi]] e o [[Vaticano]] enturbáronse por un tempo.
 
Días despois, outra [[encíclica]], coñecida como ''Divino Redentor'' (en [[latín]]: ''Divini Redemptoris''), condenaba, en termos esta vez máis explícitos, ó [[comunismo]].
 
Afirmouse que cara fins de [[1938]] '''Pío XI''' preparaba un documento similar no que se aprestaba a denuncia-lo [[antisemitismo]] do réxime nazi, pero esta [[encíclica]], cuxos borradores foron descubertos non hai moito, nunca foi publicada debido á súa enfermidade e morte.
 
Outra [[encíclica]] importante do seu reinado é a denominada ''Quadragessimo anno'' que conmemorou os corenta anos da publicación da [[Rerum Novarum]] de [[León XIII, papa|León XIII]] de [[1891]] e na que a [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] tomaba posición por vez primeira fronte ó [[movemento obreiro]].