Diferenzas entre revisións de «Microsoft Encarta»

m
sen resumo de edición
m
'''Microsoft Encarta''' foi unha [[enciclopedia]] [[multimedia]] [[Sistema dixital|dixital]] publicada por [[Microsoft|Microsoft Corporation]] dende [[1993]] ata [[2009]] (en español desde a versión ''97''). No ano 2008, a edición completa en [[lingua inglesa|inglés]] de '''''Encarta Premium''''' contiña máis de 62.000 artigos, mentres que a súa versión en español, incluía uns 43.000.<ref name="Encarta2009"> [http://www.microsoft.com/learningspace/Products.aspx?prod=encarta Encarta 2009 Information] {{En}}.</ref> Ademais das entradas enciclopédicas, a información era complementada con numerosas fotos e ilustracións, clips de son e vídeos, elementos interactivos, liñas de tempo, mapas, un atlas xeográfico e ferramentas para resolver tarefas estudantís. A enciclopedia estaba dispoñible en [[DVD|DVD-ROM]] ou varios [[CD-ROM]]s e tamén tiña dispoñibilidade limitada (con publicidade) a os seus contidos en liña na [[World Wide Web|Web]], cunha subscrición anual para acceder a máis contido.
 
Microsoft editou e publicou edicións de Encarta en diversas linguas, incluíndo o [[Lingua inglesa|inglés]], [[Lingua alemá|alemáalemán]], [[Lingua francesa|francés]], [[Lingua castelá|castelán]], [[Lingua neerlandesa|neerlandés]], [[Lingua italiana|italiano]], [[Lingua portuguesa|portugués]] e [[Lingua xaponesa|xaponés]]. As versións localizadas contiñan materiais licenciados de fontes locais ou nacionais, o que facía que houbera diferenzas entre elas. Por exemplo, a edición neerlandesa posuía contido da enciclopedia rexional ''Winkler Prins'' dos [[Países Baixos]], denominándose entón ''Encarta Winkler Prins Encyclopedie''.
 
En marzo de 2009, Microsoft anunciou a descontinuidade das edicións de Encarta (produtos e páxina web). Os [[sitio web|sitios web]] para todas as versións localizadas de MSN Encarta foron pechados (excepto o destinado a Xapón) o 31 de outubro de 2009. O sitio de Xapón pechou o 31 de decembro de 2009.<ref name="EncartaDead">[http://web.archive.org/web/http://encarta.msn.com/guide_page_FAQ/FAQ.html ''Important Notice: MSN Encarta to be Discontinued''] (MSN Encarta). [http://www.webcitation.org/5kwblMaEW Archived] 2009-10-31.</ref><ref name="Ars encarta dead">{{cita novas|url=http://arstechnica.com/microsoft/news/2009/03/microsoft-to-kill-encarta-later-this-year.ars|título=Microsoft to kill Encarta later this year:Microsoft has announced that it is discontinuing its Encarta line of products. The software products will be gone by June 2009 and the website will go down October 31, 2009.|apelidos= Protalinski|nome= Emil|data=30 de marzo de 2009|obra=Microsoft:News|editor=Ars Technica|dataacceso=08-04-2009|lingua=inglés}}</ref> O sitio web do dicionario continuou unicamente nas súas versións en inglés e francés ata o ano 2011.<ref> [http://www.eggheadcafe.com/software/aspnet/35233397/msn-dialup-accounts--enc.aspx ''Encarta Online Dictionary lives on'']</ref>
42.198

edicións