Pérgola: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nova páxina: "thumb|200px|Unha ladeira con [[socalcos cubertos con parras en Settimo Vittone, Piemonte.]] File:1949 - Salzburg - Mirabellgarten.JP..."
 
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 16:
A artificialidade tan natural das pérgolas converteunas nun dos elementos favoritos dos [[Xardín inglés|xardíns naturalistas de estilo inglés]] dos [[século XVIII|séculos XVIII]] e [[século XIX|XIX]]. Algunhas das pérgolas máis fermosas foron realizadas con [[piar]]es de tixolo e pedra e rexos cangos como elementos característicos dos xardíns deseñados por Sir [[Edwin Lutyens]] e [[Gertrude Jekyll]], convertendo estas estruturas firmes e luxosamente plantadas en sinatura dos seus deseños.
=== Galiza ===
En Galiza aínda que non son aínda moi comúns as pérgolas en xardíns privados o que si é común é o uso análogo dos emparrados de videiras á beira das vivendas para dar sombra (ademais de viño), onde se adoitan celebrar os xantares e ceas no verán. Hoxe en día a videira comparte lugar co [[Kiwi (planta)|kiwi]] e diferentes especies de [[roseira]]s rubideiras, [[glicinia]]s, [[xasmín]]s, etc. A pérgola tradicional en Galiza soe constar de elementos verticais postes chantados (piares) en [[Granito|pedra de gra]], con elementos horizontais (forxado) en madeira de carballo, castiñeiro ou [[robinia]] polos que medran as [[videira]]s. É común plantar [[roseira]]s decorativas á beira dos postes de pedra. As máis das veces a parra vai acaroada á vivenda ou a outra construción auxiliar, constando soamente de dous piares. Non é raro atopar nas pérgolas, e, en xeral, nos emparrados, postes transversais apoiados nos verticais para impedir o xiro e envorcado da estrutura.
 
== Galería de imaxes==
<center>