Primeira división española 2010/11: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 33 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q19043
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Alineación titular Hércules jornada1 temp.2010-11.jpg|miniatura|dereita|300px|O [[Hércules CF]], no seu primeiro partido en Primeira logo de 13 anos en Segunda e Segunda B.]]
 
A tempada '''2010/11''' da '''[[Primeira División Española]]''' de [[fútbol]] foi a 80ª edición desta competición. Comezou o [[28 de agosto]] de [[2010]] e finalizou o [[22 de maio]] de [[2011]]. O [[FC Barcelona]] proclamouse campión por terceira tempada consecutiva e logrou a 21ª liga da súa historia, con dúas xornadas aínda por disputarse. O único representante galego foi o [[Deportivo da Coruña]], que acabou perdendo a categoría, e houbo un único árbitro galego, o ascendido ese mesmo ano [[Ignacio Iglesias Villanueva]].
 
Os azulgrana sentenciaron o seu terceiro título consecutivo na xornada 36ª, conseguindo 96 puntos, a segunda mellor marca da súa historia. [[FC Barcelona|Barcelona]], [[Real Madrid]] e [[Valencia CF|Valencia]] clasifícanse de xeito directo para a Liga de Campións, e o [[Villarreal Club de Fútbol|Villarreal]], que xogará a rolda previa. O [[Sevilla FC|Sevilla]] e o [[Athletic Club]] clasifícanse para a [[UEFA Europa League]], que tamén xogou o [[Atlético de Madrid]] aínda que xogando unha rolda previa. Por outro lado, [[Deportivo da Coruña]], [[Hércules CF|Hércules]] e [[UD Almería|Almería]] perderon a categoría.