Diferenzas entre revisións de «Linguas célticas insulares»

Os vestixios que se conservan remítennos a unha lingua de raíz posibelmente non indoeuropea que se falaba na zona de [[Escocia]], o [[lingua picta|picto]], que posteriormente foi substituída polo británico. Coa invasión dos irlandeses por un lado e dos ingleses por outro, que a partir do sur de [[Inglaterra]] chegaron ata [[Escocia]], formáronse bolsas de falantes que crearon os seus propios dialectos. Así formáronse dúas áreas lingüísticas principais en Escocia: a zona ''xermánica'' ([[escotos]], emparentados estreitamente cos ingleses) e a zona irlandesa (''[[erse]]'', termo que os escoceses utilizaron para referirse aos irlandeses ou gaélicos). Houbo un dialecto chamado [[lingua cúmbrica|cúmbrico]] localizado na fronteira occidental entre [[Inglaterra]] e [[Escocia]] probabelmente ata o século X, pero non se conservou case nada del.
 
O británico dominó como lingua na actual [[Gales]], que é a lingua que se coñece hoxe como [[lingua galesa|galés]]. Tamén se conservoconservou unha forma dialectal do britónico na zona de [[Cornualles]] ata o século XVIII, o [[lingua córnica|córnico]]. Foi desde esta rexión da que partiron numerosos grupos de emigrantes nos séculos V e VI conservando a súa cultura celta, a cal levaron ata o continente Europeo. Estableceron colonias ao noroeste de [[Francia]], na [[Bretaña]]. Aínda que é probábel que aínda quedasen vestixios dalgunha lingua céltica continental nesa zona (o [[lingua gala|galo]], por exemplo), sería moi arriscado dicir polas fontes das que se dispoñen e sobre todo pola época, que o galo puidese haber tido algunha influencia clara na lingua.
 
{{Linguas célticas}}
13.785

edicións