Emilio Segrè: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 47 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q173028
Agremon (conversa | contribucións)
radioactividade
Liña 10:
 
===Investigacións científicas===
Tras a visita que fixo ao Laboratorio de Radiación de [[Berkeley, California|Berkeley]] (''Berkeley Radiation Laboratory'') a [[Ernest Lawrence]], Ernest enviou a Segrè unha mostra de [[molibdeno]] que fora bombardeada con núcleos de [[deuterio]] no [[ciclotrón]] de Berkeley no ano [[1937]], e que estaba emitindo formas anómalas de [[radiactividaderadioactividade]]. Á cabeza de coidadosas [[Química analítica|análises químicas]] Segrè foi capaz de probar que parte da radiación estaba sendo producida por un [[elemento químico|elemento]] descoñecido e que foi nomeado [[tecnecio]], posto que foi o primeiro elemento químico sintetizado artificialmente (o nome técnico procede do [[grego antigo|grego]] ''tecnetos'', que significa "artificial"). A posteriori atopouse na natureza, aínda que en moi pequenas doses.
 
Mentres Segrè estaba de visita a [[California]], no verán do [[1938]], o [[goberno]] [[Fascismo|fascista]] de [[Benito Mussolini]] sacou das universidades aos [[xudeu|xudeus]], coas súas leis [[antisemitismo|antisemítas]]. Como xudeu, a Segrè outorgóuselle o permiso de [[emigración]] por tempo indefinido. Ernest Lawrence ofreceulle un posto de traballo no Laboratorio de Radiación de Berkeley como Asistente de Investigación, unha posición bastante baixa para alguén que descubrira un elemento, cun soldo de 300 [[dólar americano|dólares]] ao mes. Cando Lawrence se decatou que Segrè estaba legalmente atrapado en [[California]], baixoulle o soldo a 116 dólares, observándose unha anómala situación de [[explotación social|explotación]] entre físicos. Segrè puido atopar outro traballo como profesor do departamento de física na Universidade de Berkeley, momento no cal axudou a descubrir o elemento denominado [[astato]] e o [[isótopo]] [[plutonio-239]], que despois se utilizou para crear a [[bomba atómica]] lanzada a [[Nagasaki]].
Liña 16:
Desde [[1943]] a [[1946]] traballou no Laboratorio Nacional dos Alamos (''Los Alamos National Laboratory''), no grupo líder do [[Proxecto Manhattan]]. En [[1944]] obtivo a [[cidadanía]] dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], e cando regresou a Berkeley no ano [[1946]] traballou como profesor de física ata o ano [[1972]]. En [[1955]] unha serie de experimentos, realizado conxuntamente con [[Owen Chamberlain]], con [[protón|protóns]] conduceunos ao descubrimento do [[antiprotón]], a antipartícula do protón, unha partícula exactamente igual ao protón, exceptuando que ten [[carga negativa]] en lugar de tela positiva. En [[1959]] foi galardoado, xunto con Chamberlain, co [[Premio Nobel de Física]] ''polo descubrimento do antiprotón''.
 
En [[1974]] puido volver a [[Italia]], sendo profesor de [[física nuclear]] na Universidade de Roma. Segrè, ademais, foi bastante activo como [[fotografa|fotógrafo]], tomando fotografías para documentar acontecementos e persoas da historia da [[ciencia moderna]]. O Instituto Americano de Física (''American Institute of Physics'') nomeou o seu ''arquivo fotográfico da historia da física'' na súa honra.
 
==Véxase tamén==