Matemáticas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: arranxo homónimos
m →‎Historia: arranxiño
Liña 77:
A [[Islam|civilización musulmana]] permitiu que a herdanza grega fose conservada, e propiciou a súa confrontación cos descubrimentos chineses e hindús, en particular na cuestión da representación numérica. Os traballos matemáticos desenvolvéranse considerabelmente tanto na [[trigonometría]], como na introdución das [[Función trigonométrica|funcións trigonométricas]], e na aritmética. Desenvolveuse aínda a análise [[combinatoria]], a [[análise numérica]] e a álxebra de [[polinomio]]s.
 
Na época do [[Renacemento]], unha parte dos textos árabes foi estudada e traducida ao [[Lingua latina|latín]]. A pescuda matemática concentrouse entón en [[Europa]]. O cálculo alxébrico desenvolveuse rapidamente cos traballos dos franceses [[François Viète]] e [[René Descartes]]. Nesa época tamém foron creadas as táboas de [[logaritmoslogaritmo]]s, extremadamente importantes para o avance científico dos [[Século XVI|séculos XVI]] ao [[século XX|XX]], sendo substituídas apenas despois da invención das [[calculadora]]s. A percepción de que os [[números reais]] non son suficientes para resolución de certas ecuacións tamém data do século XVI. Xa nesa época comezou o desenvolvemento dos chamados [[números complexos]], apenas cunha definición e catro operacións. Unha comprensión máis profunda dos números complexos só foi acadada no [[século XVIII]] con [[Euler]].
 
No inicio do [[século XVII]], [[Isaac Newton]] e [[Leibniz]] descubriran o [[cálculo infinitesimal]] e introduciran a definición de ''fluxor'' (vocábulo abandonado posteriormente). Ao longo dos [[século XVIII|séculos XVIII]] e [[século XIX|XIX]], a matemática desenvolveuse fortemente coa introdución de novas estruturas abstractas, como os [[teoría de grupos|grupos]], grazas aos traballos de [[Évariste Galois]] sobre a resolubilidade de ecuacións polinómicas, e os [[Anel (álxebra)|aneis]] definidos nos traballos de [[Richard Dedekind]].