Azucre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiños
Liña 4:
O nome '''azucre''' utilízase para diferentes [[monosacárido]]s e [[disacárido]]s, que xeralmente teñen sabor doce, aínda que por extensión refírese a todos os [[hidrato de carbono|hidratos de carbono]] a forma máis común de azucre consiste en sacarosa no estado sólido e cristalino. Úsase para alterar (adozar) o sabor de bebidas e [[alimento]]s.
 
O '''azucre de mesa''' normalmente consumido corresponde á [[sacarosa]], un [[disacárido]]<ref name=iupac>IUPAC. Compendium of Chemical Terminology, 2nd ed. (the "Gold Book"). Compiled by A. D. McNaught and A. Wilkinson. Blackwell Scientific Publications, Oxford (1997). XML on-line corrected version: http://goldbook.iupac.org (2006-) created by M. Nic, J. Jirat, B. Kosata; updates compiled by A. Jenkins. ISBN 0-9678550-9-8. doi:10.1351/goldbook.</ref> formado por unha molécula de [[glucosa]] e unha de [[frutosa]], que se obtén frecuentemente da [[cana de azucre]] ou da [[remolacha]]. A sacarosa utilízase para dar un sabor doce ás comidas e na fabricación de confeitos, pasteis, conservas, bebidas alcohólicas e non alcohólicas, entre moitos outros produtos. Como material alimenticio básico, a sacarosa fornece aproximadamente un 13% da enerxía que proporcionan os alimentos. A sacarosa está presente en cantidades limitadas en moitas plantas, ata en variosvarias palmitos[[Palmeira (botánica)|palmeiras]], pero a [[remolacha azucreira]] e a [[cana de azucre]] son as únicas fontes importantes para o comercio. Máis do 50% do consumo mundial de azucre obtense da cana de azucre, que crece en climas tropicais e subtropicales. O resto procede da remolacha azucreira, que crece en países templados e é a fonte principal de azucre para a maior parte de Europa.
 
Cada día é máis frecuente en pratos e doces preparados atoparse outros azucres diferentes como a [[glucosa]] ou a [[frutosa]] (pola súa asimilación máis lenta) ou mesturados con [[edulcorante]]s artificiais.
Liña 50:
* [[Historia do cultivo da cana de azucre]]
 
 
{{Gastronomía en progreso}}
<!-- [[ja:砂糖]] -->