Azucre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m espazo
→‎Notas: algo máis desde a wiki .ca
Liña 29:
No [[século XII]] xa existían na illa de [[Sicilia]] [[muíño]]s para a trituración da cana. Ao redor de [[1390]] creouse unha tecnoloxía máis avanzada que permitiu duplicar o mollo obtido da cana de azucre. Isto fixo posible a expansión económica das plantacións de azucre do [[País Valenciano]] (que antes da chegada do enxeño de azucre, funcionaban coa tecnoloxía de o'' Trapig'' (fabrica de azucre), importada polos árabes),<ref>[http://www.auntirdepedra.com/2011/03/enginys-i-trapigs-de-sucre-de-la-safor.html "Enginys i trapigs de sucre de la Safor"]26/05/2013 {{ca}}</ref><ref>[http://www.histocat.cat/index.html?msgOrigen=6&CODART=ART00501 "103: L'origen de la indústria sucrera a Gran Canària"], de Carles Camp a Fundació d'Estudis Històrics de Catalunya. 26/05/2013.</ref> de [[Andalucía]] e do [[Algarve]]. Ao redor de [[1420]], a produción de azucre estendeuse ás [[Illas Canarias]], [[Madeira]] e as [[Azores]].
 
 
=== Historia moderna ===
O portugueses, máis tarde, crearon plantacións de azucre no [[Brasil]]. Hans Staden deixou escrito que en 1540, na [[Illa de Santa Catalina]] había oitocentas azucareiras, e na costa norte de Brasil e [[Suriname]] calculou unhas dez millas.
 
Cara a [[1625]], os [[Países Baixos|neerlandeses]] importaron cana de azucre de [[América do Sur]] e crearon plantacións nas illas do [[Caribe (rexión)|Caribe]], nas [[Illas Virxes]] e [[Barbados]]. De 1625 a 1750, o azucre converteuse nunha mercancía moi apreciada, e o Caribe converteuse no líder mundial na produción grazas á man de obra proporcionada polo [[escravitude]].
 
Durante o [[século XVII]], o azucre converteuse nun alimento moi popular e o mercado do azucre experimentou un forte crecemento, a produción de azucre realizouse cada vez dun xeito máis mecanizada. A primeira [[máquina de vapor]] alimentou a primeira fábrica de azucre en [[Xamaica]] en [[1768]], e pouco despois, o [[vapor]] substituíu ao [[lume]] como fonte de calor.
 
A cultura da [[remolacha]] azucareira desenvolveuse na época de [[Napoleón]], como consecuencia do embargo imposto por [[Inglaterra]]. De feito, o 2 de xaneiro de 1812, o fabricante francés Benjamín Delessert logrou sacar o mollo -impuro e de rendemento mínimo- separando as mondas da raíz. En 1864, un fabricante de azucre de [[Moravia]], o tamén francés Robert, obtivo un mollo de calidade máis boa para a coercialización.
 
Na actualidade, [[Cuba]] é un dos principais estados productores de [[cana de azucre]], da que o home tamén soubo obter a [[alcohol]] para producir a [[augardente] ] de cana, que logo dun longo proceso dá lugar ao [[ron]]. Actualmente, as raíces córtanse en hebras e trituranse para extraer o mollo. Ademais, unha gran refinaría media de remolacha produce cincocentas mil toneladas de azucre en vinte e catro horas cun persoal permanente de preto de cento cincuenta persoas.
 
==Notas==