Azucre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Etimoloxía: arranxiños
→‎Notas: algo máis desde a wiki .ca
Liña 11:
== Etimoloxía ==
A palabra ''azucre'' deriva do [[lingua árabe|árabe]] ''súkkar'' (''سكر'') que á súa vez derivaría do [[sánscrito]] ''çárkarā'' (''शर्करा'') por mediación da palabra iraniana ''šakar'',<ref>{{Cita web | url = http://www.diccionari.cat/lexicx.jsp?GECART=0129559 | título = Sucre|dataacceso = 26/05/2013 | lingua = catalán | obra = Gran Diccionari de la Llengua Catalana| editor = Grup Enciclopèdia Catalana}}</ref><ref>[http://www.etymonline.com/index.php?term=sugar ''Online Etymology Dictionary'']</ref> os árabes coñeceron o azucre o arribar a Persia no 642 e a través seu chegaría a Europa.<ref>{{cita web | url =http://www.history-science-technology.com/Articles/articles%2072.htm | título = Transfer of islamic technology to the West. Part III| consulta = 30 de setembre del 2011 | cognom = Al-Hassan | nom = Ahmad Yusuf | lingua = inglés | obra = History of Science and Technology in Islam}}</ref> A palabra contemporánea en [[lingua italiana|italiano]] é'' Zucchero'', mentres que a tradución en [[lingua castelá|castelán]], [[Lingua portuguesa|portugués]] e [[lingua galega|galego]] e '' azucar'', '' açúcar'' e ''azucre'' respectivamente, manteñen máis influencia da palabra en [[lingua árabe|árabe]]. En francés escríbese o igual que no catalán,'' sucre'', aínda que no francés antigo coñecíase como'' Zuchin''. A versión grega máis antiga que se conserva é σάκχαρις (''sákkʰaris'')<ref>[http://www.perseus.tufts.edu/hopper/text?doc=Perseus%3Atext%3A1999.04.0057%3Aentry%3Dsa%2Fkxarσάκχαρ], Henry George Liddell, Robert Scott, ''A Greek-English Lexicon'', on Perseus</ref><ref group="Nota"> Esta forma non se explica fonéticamente, pero pode reflectir unha mediación a través dunha linguaxe'' en ruta'' desde o orixinal en sánscrito. A versión en grego moderno ζάχαρη [sáχari] débese á simplificación de grupos [kχ] > [χ] e a inicial [[sandhi]] (acc. την σάχαρη [tin sáχari] > τη ζάχαρη [ti záχari]). A palabra en grego tamén cambiou a súa clase nominal</ref> Aínda se debe realizar un estudo profundo sobre a trazabilidade etimolóxica do término.<ref>{{cita web|url=http://oxforddictionaries.com/definition/english/jaggery |título=Jaggery |editor=Oxford Dictionaries|dataacceso=26/05/2013}}</ref>
 
 
 
== Historia ==
 
[[Ficheiro:Cut sugarcane.jpg|miniatura|Cana de azucre]]
 
[[Ficheiro:SugarBeet.jpg|miniatura|Remolacha azucareira]]
 
=== Antigüidade e Idade Media ===
Orixinalmente, o [[ser humano]] masticaba a [[cana de azucre]] para extraer o seu dulzura. O cultivo de azucre iniciouse no noreste da [[India]] uns 10.000 anos antes de Cristo e no Pacífico Sur uns 6.000 anos antes de Cristo. Outras evidencias arqueolóxicas asocian o cultivo de azucre coa civilización do [[Río Indo|Val do Indo]].<ref name=Robyt-1998>{{Cita libro |nome=J.F. |apelidos=J.F. Robyt |título=Essentials of Carbohydrate Chemistry |editor=Springer Berlin / Heidelberg|lingua=en |ano=1998 |mes=outubro |páxinas=400 |isbn=8-0-387-94951-2 |id=Robyt-1998}}</ref> Os indios descubriron a forma de cristalizar o azucre durante a dinastía Gupta cara ao ano [[350]].<ref name=Adas>
 
Adas, Michael (January 2001). ''Agricultural and Pastoral Societies in Ancient and Classical History''. Temple University Press. ISBN 1-56639-832-0. Page 311.</ref> Os chineses tamén coñecían o proceso de extracción e refinamento da cana de azucre desde tempos remotos.
 
Durante a revolución agrícola musulmá, os [[árabes]] adoptaron as técnicas de produción de azucre da India e refinarono cun sistema de produción máis industrial. Crearon os primeiros enxeños para a elaboración do azucre, con [[Refinería | refinerías]], fábricas e plantacións.
 
Pola súa banda, a cultura [[Imperio Romano | romana]] parece que ignorou, completamente ou en gran parte, o potencial endulzante do azucre, e usaban a [[mel]].
 
 
==Notas==