Miguel Pselo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 27:
=== Intrigas cortesás ===
 
Pouco antes da morte de Teodora en [[1056]], o consistorio de palacio obrigou a que esta designase un sucesor. O elixido, [[Miguel VI EstrabióticoEstratiótico|Miguel VI]] (1056-1057), foi coroado pouco despois. Pselo declarou na súa ''Cronografía'' ser testemuña dos conciliábulos para elixir o sucesor, pero sitúase á marxe dunha decisión que axiña se revelará efémera, pois apenas proclamado emperador Miguel, subleváronse contra el os xenerais de Asia Menor, membros de poderosas familias terratenentes descontentas co goberno de funcionarios da capital.
 
Cando os rebeldes, capitaneados por [[Isaac I Comneno|Isaac Comneno]], chegaron ás proximidades da capital, Pselo foi enviado como embaixador polo Emperador para negociar un acordo co usurpador: nomealo César e herdeiro ao trono a cambio de pór fin das hostilidades.