Hidroxilisina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 42:
A '''hidroxilisina''' (Hyl) é un [[aminoácido]] coa fórmula molecular C<sub>6</sub>H<sub>14</sub>N<sub>2</sub>O<sub>3</sub>. É un aminoácido [[non proteinoxénico]], é dicir, non está codificado no [[código xenético]], pero orixínase nas proteínas por [[modificación postranscricional]] da [[lisina]]. Foi descuberto en 1921 por [[Donald Van Slyke]] en forma de 5-hidroxilisina.<ref>{{Cite journal | last1 = Van Slyke | first1 = DD. | last2 = Hiller | first2 = A. | title = An Unidentified Base among the Hydrolytic Products of Gelatin. | journal = Proc Natl Acad Sci U S A | volume = 7 | issue = 7 | pages = 185–6 | month = Jul | year = 1921 | doi = 10.1073/pnas.7.7.185| pmid = 16586836 | pmc=1084845}}</ref> Aparece principalmente formando parte da proteína [[coláxeno]].<ref>[http://herkules.oulu.fi/isbn9514267990/html/x319.html Hydroxylysine] at [[University of Oulu]]</ref>
 
Biosintetízase a partir da lisina por medio dunha oxidación realizada por encimas[[encima]]s [[lisil hidroxilase]]s. A forma máis común é o [[estereoisómero]] 5R, que se encontra no coláxeno. Porén, atopouse recentemente que a proteína nuclear do xene JMJD6 (''jumonji domain-containing 6 protein'') é unha lisil hidroxilase que modifica un factor de [[splicing]] do [[ARN]], que produce o estereoisómero 5S<ref>Webby CJ, Wolf A, Gromak N, Dreger M, Kramer H, Kessler B, Nielsen ML, Schmitz C, Butler DS, Yates JR 3rd, Delahunty CM, Hahn P, Lengeling A, Mann M, Proudfoot NJ, Schofield CJ, Böttger A. Jmjd6 catalyses lysyl-hydroxylation of U2AF65, a protein associated with RNA splicing. Science. 2009 Jul 3;325(5936):90-3. doi: 10.1126/science.1175865. PMID 19574390. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/19574390]</ref>. Ademais, en ''E. coli'', identificouse polo menos un encima lisina ''N''-hidroxilase, denominado IucD.<ref>{{Cite journal | last1 = de Lorenzo | first1 = V., ''et al.'' | title = Aerobactin biosynthesis and transport genes of plasmid ColV-K30 in Escherichia coli K-12. | journal = J. Bacteriol. | volume = 165 | issue = 2 | pages = 570–8 | month = Feb | year = 1986 | pmid = 2935523 | pmc=214457}}</ref>
 
==Notas==