Assembleia do Povo Unido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 24:
A Assembleia do Povo Unido nace en xuño de 1989 a partir dunha FPG en grave crise, fracturada en dúas fraccións enfrentadas, no seo de un movemento independentista galego no que conviven a referida [[FPG]], o PCLN ([[Partido Comunista de Liberación Nacional]], integrado na anterior), o EGPGC ([[Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive]], organización armada), os CAR ([[Comités Anti-repressivos]]), as JUGA ([[Juntas Galegas pola Amnista]]) e as MNG ([[Mulheres Nacionalistas Galegas]]).
 
O 28 e o 29 de Outubro de 1989, realizase na capital de [[Galiza]], [[Compostela]], a Asemblea Nacional Constituinte da APU, que responsabiliza ao [[PCLN]] da ruptura da [[FPG]] e afirma agrupar a maioria da militancia da Frente.
 
A APU segue o modelo clásico dos movementos de [[liberación nacional]] do [[Terceiro Mundo]], reflexado na tese política fundacional, que leva por título "O avance revolucionario como suma da loita política e militar", e en que se reivindica a vixencia da violencia revolucionaria para tomar o poder, a partir de exemplos coma [[Cuba]], [[Arxelia]], [[Vietnam]] ou [[Nicaragua]].
 
Aspira á creación dunha "[[Unidade Popular]]" ou "Frente de Liberación Nacional" que aglutine o "Povo Traballador Galego e as clases populares: proletariado industrial, mariñeiros, labregos e pequena burguesía", situando como principios irrenunciabeis, para integrar esa frente, a "compresnión da loita armada na Galiza e do papel fundamental da mesma no proceso de Liberación Nacional", a "Amnistía Total, entendida como a liberdade das presas e presos políticos galegos" e a "elaboración dun programa político, social e económico acorde cos intereses das clases populares". Esa unidade pola liberación nacional proposta pola APU tinha como interlocutores potenciais as outras forzas nacionalistas e de esquerda existentes en Galiza na época: [[BNG]], [[PSG-EG]] e [[FPG]], mas nunca chegará a realizar-se.