Assembleia do Povo Unido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m n
mSen resumo de edición
Liña 35:
==Campañas e actívidades políticas==
 
En 1990 realizan unha campaña en prol da autodeterminación da Galiza. No ano seguinte, presentarían candidaturas municipais en [[Compostela]], [[Ferrol]] e [[Vigo]], co lema "o independentismo aos concellos". Hai tamén unha asemblea extraordinaria na que se debate a caída dos réximes do Leste Europeo. En 1992, a [[INTG]] expulsa a once militantes da APU baixo a acusación de apoiaren a loita armada praticada polo EGPGC. No ano seguinte, realízase a III Asemblea Nacional e depois lançalanza a campaña "Isto non é España", ao tempo que promove a abstención nas eleccióneleccións ao [[Congreso dos Deputados]] do mesmo ano. En Outubro do mesmo ano, a APU presentase ás eleccións ao Parlamento autónomo da Galiza e consegue 1.492 votos. En 1994 e 1995 ten lugar, en dúas partes, a IV Asemblea Nacional. Na segunda, no mes de Febreiro do 95, aprova-e a disolución da organización. Doús meses depois, a xustiza reabilita a dous militantes da APU expulsados da [[INTG]].
 
Entre 1989 e 1994, a APU convocou manifestacións polo Dia da Patria Galega, no 25 de xulloXullo, baixo diversas fórmulas. No 89, conxuntamente coa FPG, co lema "Independencia"; no 90, convoca conxuntamente coa [[FPG]], [[LCR]], [[PCE (M-L)]] e [[PCPG]] co lema "Autodeterminación, camiño da independencia"; no 91, en solitario, co lema "En loita pola independencia"; no 92, tamén en solitario ("Adiante pola independência"); no 93 volta a convocar soa ("Porque a Galiza non é España... independencia"); e no 94 convoca o seu último 25 de Xullo co lema "A Galiza sen medo berra independencia".
 
A APU Editou 11 números da súa revista nacional, Povo Unido, saíndo o primeiro número en Febreiro de 1990 e o último em Xullo de 1994. En Setembro de 1993, publicou tamén un "Anteproxecto de Constituición Galega". A implacábel persecución por parte do Estado español condicionou a traxectoria da APU durante os seus cinco anos de vida, como proxecto político na sociedade galega de finais da década de 80 e a primeira metade da década de 90 do pasado século.