Diferenzas entre revisións de «Hector Berlioz»

algo máis desde a wiki .ca
m (Bot: Arranxo o formato do modelo.)
(algo máis desde a wiki .ca)
|signatura =
}}
'''Louis Hector Berlioz''', nado o [[11 de decembro]] de [[1803]] en [[La Côte-Saint-André]] e finado o [[8 de marzo]] de [[1869]] en [[París]], foi un [[compositor]] [[Francia|francés]]. Foi unha figura destacada no desenvolvemento do [[romanticismo]], é moi coñecido pola súa [[Sinfonía fantástica]], estreada en 1830, e o ''[[Réquiem_(Berlioz)|Réquiem]]'', estreado en 1837, así como pola súa extraordinaria utilización da [[orquestra sinfónica]] que incluía catro grupos de metais "antifonais". É considerado o primeiro músico romántico de Francia e o creador da instrumentación moderna. Con o ''Grand traité de l'instrumentation et d'orchestration modernes'' (1842-43) influíu sobre as xeracións posteriores, e especialmente sobre os músicos [[rusos]] do [[Grupo dos Cinco]].
A música e a vida de Berlioz encarnan os ideais románticos máis que os de calquera outro compositor, excepto [[Liszt]]. A súa orixinal imaxinación, as súas concepcións grandiosas e a súa extraordinaria calidade para orquestra aportaron unha nova cor á música. Berlioz, o primeiro gran compositor que non era intérprete, converteuse nun dos primeiros directores modernos, e nun crítico perspicaz.
 
Separadamente da'' Sinfonía fantástica'', as obras de Berlioz escoitáronse moi pouco ata a década de [[1880]], cando en Francia recuperáronse como antídoto contra [[Richard Wagner | Wagner]]. A partir de [[1960]] escoitouse moito a súa música, aínda que as dificultades loxísticas aínda impiden a interpretación normal dalgunhas das súas obras.
 
== Traxectoria ==
104.751

edicións