Abrir o menú principal

Cambios

*octavo>oitavo
O primoxénito de Afonso X, don [[Fernando de la Cerda]], non chegou a reinar ó falecer antes có seu pai. O rei Sabio deixou escrito no seu testamento que o reino debía pasar ó seu neto primoxénito, o infante don [[Alfonso de la Cerda]] e ó mesmo tempo desherdaba ó seu segundo fillo, Sancho.
 
Porén, Sancho proclamouse rei sen respectar a vontade do seu pai, e foi coroado en [[Toledo]] en 1284. Foi recoñecido pola maioría dos pobos e dos nobres, pero ó mesmo tempo houbo un grupo bastante numeroso de partidarios dos Infantes de la Cerda, que reclamaban o acatamento do testamento. Durante todo o reinado deste monarca houbo loitas internas e pelexas por alcanzar o poder. Un dos personaxes que máis discordias provocou foi o infante don Xoán (irmán de Afonso X), e á súa causa uniuse o nobre [[Lope Díaz III de Haro]], octavooitavo señor de Biscaia. O rei Sancho fixo executar ó de Haro e mandou encarcerar ó seu tío, o infante don Xoán. Tamén, segundo as crónicas, deu a orde de executar 4.000 seguidores dos infantes de la Cerda, pasándoos a coitelo, en [[Badaxoz]], a 400 en [[Talavera]] e a outros moitos en [[Ávila]] e Toledo.
 
[[Ficheiro:Placa en honor al pueblo de Tarifa, Tarifa.JPG|miniatura|esquerda|180px|Arco de Tarifa cunha placa en recordo dos que loitaron no conflito de Tarifa.]]