Elefante asiático: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado da es.wiki
Liña 32:
Hoxe podémolo atopar polas terras de [[Sri Lanka]], sur e nordés da [[India]], [[Bangladesh]], [[Indochina]], [[Malaca]], [[Sumatra]] e nordeste de [[Borneo]]; tanto en estado salvaxe como domesticado, e é moi frecuente en [[zoo]]s e [[circo]]s.
Está considerada como unha especie en perigo de [[extinción]].
 
== Domesticación e relación co home ==
[[Ficheiro:ElephantTrainingCamp.jpg|miniatura|esquerda|220px|Adestramento de elefantes en [[Tailandia]].]]
O elefante indio foi domesticado dende tempos moi antigos no sueste asiático coa fin de levar cargas, axudar na construción (normalmente cargando e erguendo vigas) ou transportar persoas. En tempos de guerra usouse tamén para levar armas e pezas de artillería (cousa que se fixo ata o [[século XX]]) e combater, dotándoo a miúdo de armadura e poñéndolle pinchos nas patas e "espadas" nos cairos, así como cargando arqueiros sobre o lombo. Os elefantes asiáticos formaron parte das tropas de [[Ciro o Grande]], [[Alexandre o Grande]] e [[Pirro de Epiro]], entre outros reis da antigüidade. Na actualidade, son os reis dos espectáculos circenses e unha das atraccións turísticas máis solicitadas no sueste asiático, onde cargan ós visitantes en expedicións pola selva.
 
[[Ficheiro:Elefanta Adelaida.jpg|220px|miniatura|Unha elefanta asiática nun zoolóxico (en [[cativerio]]).]]
Os elefantes reprodúcense rara vez en catividade, polo que a gran maioría dos individuos domésticos foron capturados xa adultos en estado salvaxe. O método tradicional para facelo é o ''kedah'', de orixe indio, no que os homes rodean unha manda e vana empurrando cara un curro de madeira onde separan os individuos máis interesantes e devolven o resto á selva. Os individuos escollidos son encadeados a unha árbore e illados mentres se habitúan á xente. Uns días despois reciben a visita do ''cornaca'' ou ''mahout'', sentado inicialmente sobre outro elefante domesticado, que comeza o seu adestramento. Logo dun tempo, permiten ''mahout'' sentar sobre o seu lombo cando xa son totalmente mansos.
 
[[Ficheiro:RoyalWhiteElephant.jpg|220px|miniatura|Debuxo tailandés do [[século XIX]] onde se representa ó rei usando un elefante branco como montura.]]
Pola súa utilidade dende tempos antigos, os elefantes indios son profundamente respectados en Oriente e forman a miúdo parte dos relatos relixiosos. Así, por exemplo, o deus [[Vighneshwara|Ganesh]] do [[hinduísmo]] ten testa de elefante; no [[budismo]], os elefantes brancos son sagrados porque a nai de [[Buda]], Maya, quedou embarazada del logo de soñar que un elefante albino se introducía no seu ventre. Este respecto viuse acrecentado polo feito de que os elefantes indios poden captar [[infrasón]]s e vibracións do chan, o que lles permite alertar dun dos frecuentes tremores de terra que se abaten sobre a súa zona de distribución antes de que os humanos sospeiten sequera que vaia a producirse.
 
Os elefantes indios son cazados por furtivos moito máis raramente que os elefantes africanos, pois a facilidade coa que se capturan individuos salvaxes vivos (ós que se adoita cortar os cairos) fan que o seu [[marfil]] non sexa un ben excesivamente difícil de conseguir. De todos xeitos, a destrución do seu [[hábitat]] natural para deixar paso á agricultura e o feito de que os animais domesticados case non se reproducen situaron á especie igualmente ó bordo da desparición.
 
== Subespecies ==
[[Ficheiro:Elephants at bath Sri Lanka.jpg|220px|miniatura|ManadaManda de elefantes de [[Sri Lanka]].]]
Actualmente, diferéncianse catro [[subespecie]]s de elefantes asiáticos:
* ''[[Elephas maximus maximus]]'' - elefante de [[Sri Lanka]]