Diferenzas entre revisións de «Sardes»

m
m (Bot: Retiro 37 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q232615)
Converteuse en capital do reino de Lidia en tempo do rei [[Meles]], que a fortificou, e probabelmente non existía desde moito antes. O rei [[Candaules]], sucesor de Meles, xa residiu nela. Era de construción sinxela, con moita madeira, e incendiouse varias veces. Tiña unha [[acrópole]] nunha rocha inaccesíbel rodeada dunha tripla muralla. Durante o reinado de [[Ardis]] foi toma polos [[cimerios]], que non puideron conquistar a cidadela. Converteuse nunha próspera cidade en tempo do rei [[Creso]].
 
Eliminada a dinastía lidia, Sardes convértese ne capital dunha [[satrapía]] persa sobre o [[-540]]. Durante a revolta dos [[xonios]] dirixida por Aristágoras e Histieo ([[-499]]), os xonios, con axuda de naves de [[Atenas]] ocuparon toda a cidade menos a cidadela, defendida por [[Artafernes]] e a gornición persa. A cidade incendiouse accidentalmente e os xonios e atenienses retiráronse. Sardes foi reconstruída. O rei de Persia, en represalia, declarou a guerra a Atenas. [[Xerxes I]] pasou en Sardes o inverno anterior á invasión de Grecia.
 
[[Ciro o Mozo|Ciro]] o mozo reuniu as forzas militares contra o seu irmán [[Artaxerxes II]]. Despois da vitoria de [[Alexandre o Grande]] en [[Gránico]] ([[-334]]), Sardes rendeuse sen loita, e, en agradecemento, o rei macedonio deu aos seus habitantes a liberdade e a facultade de restauraren as súas antigas leis e institucións.
 
Despois da morte de Alexandre, Sardes quedou en posesión de [[Antígono]] o chosco. Despois da súa morte na [[batalla de Ipsos]] ([[-301]]) pasou a mans de [[Lisímaco]] de Tracia, e o [[-282]] dos seléucidas, ata que o [[-222]] [[Aqueo]], parente do rei seléucida [[Antígono III o grande]] e gobernador da Asia Menor, actuou alí como rei e se cadra mesmo tomou o título real. [[Antíoco o Grande]] asediou a Aqueo na cidade durante un ano ata que o cretense Lagoras escalou as murallas por un punto sen vixilancia e puido ocupar a cidade ([[-214]]), que quedou moi danada e parcialmente destruída. Despois da derrota do seléucida Antíoco en [[Magnesia do Sipilo]], Sardes quedou no poder de Roma, quen renunciou o ano seguinte no tratado de [[Apamea]] ([[-188]]) en favor do [[Reino de Pérgamo]], do que volveu a Roma o [[-133]] e formou parte da provincia de [[Asia (provincia romana)|Asia]].
19.713

edicións