Diferenzas entre revisións de «Gran Premio de Mónaco de 1970»

sen resumo de edición
m (Bot: Retiro 14 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q171956)
 
== Resumo ==
Non houbo cambios significativos na liña de saida de Mónaco, a única noticia foi [[Ronnie Peterson]], participando cun [[March Engineering|March]] privado. O equipo [[Team Lotus | Lotus]] decidiu levar o vello [[Lotus 49 | 49]] en vez do novo chasis [[Lotus 72 | 72]], a pesar das probas nunha carreira non de campionato en [[Circuíto de Silverstone | Silverstone]] un par de semanas antes. Na cualificación, March copou a primeira fila, con [[Jackie Stewart]] na pole (para o equipo [[Tyrrell Racing | Tyrrell]]) e [[Chris Amon]] a seu carón. O terceiro lugar foi para o [[McLaren]] de [[Denny Hulme]], e o cuarto para o [[Brabham]] de [[Jack Brabham]]; detrás deles estaba o [[Scuderia Ferrari | Ferrari]] de [[Jacky Ickx]]. O primeiro piloto de Lotus foi [[Jochen Rindt]], cualificou en oitavo lugar.
 
A pesar da choiva nos días anteriores, o sol brillaba o día da carreira, e a pista estaba seca. Ao principio, Stewart liderou a carreira, con Amon, Brabham, Ickx e [[Jean-Pierre Beltoise]] detrás del, na segunda volta, Beltoise pasou Ickx. Stewart comezou a afastarse, polo que a orde mantívose sen cambios ata a volta 12, cando Ickx retirouse cun fallo na transmisión. Na volta 22 Beltoise, retirouse con problemas na transmisión, na mesma volta Brabham pasou a Amón ao segundo lugar. Parecía que Stewart podía repetir comodamente a vitoria que tivo en [[Gran Premio de España de 1970 | España]], pero na volta 27 o seu March comezou fallar, e detívose nos pits. EstoIsto deixou ao Brabham á fronte, con Amón, Hulme e Rindt, que se abriu camiño desde o medio do pelotón. Na súa primeira carreira, Peterson estaba facendoofacéndoo ben, no sétimo lugar, mentres o motor do [[BRM]] de [[Jackie Oliver]] fallou, deixando aos comisarios un arduo traballo para limpar todo o aceite que caeu na pista.
 
Case ao mesmo tempo, Hulme tivo problemas co embrague do seu McLaren, saltaron as engrenaxes do cambio, polo caiu por detrás de Rindt e Pescarolo, na volta 62 fallou a suspensión de Amón, e viuse obrigado a retirarse, deixando ao austriaco no segundo lugar, nove segundos por detrás de Brabham. Logo aumentou o seu ritmo, e cara ás últimas voltas estaba pegado ao australiano. A vitoria de Brabham parecía estar en camiño, resistindo toda a presión que Rindt exercía sobre él. Pero sucedeu o incrible: saíuse da liña de carreira para evitar un coche máis lento en Gazomètre, na última curva da última volta, Brabham derrapou sobre a superficie polvorientapolvorenta e foise directamente ás balas de palla, entregándolle a vitoria a Rindt ( unha vitoria recibida cun gran salto de alegría por [[Colin Chapman]]). Brabham volveu rapidamente á pista e terminou a carreira en segunda posición. O terceiro lugar foi para Pescarolo nun Matra, mentres que as restantes posicións para os puntos foron para Hulme, [[Graham Hill]] (que se abriu camiño desde o último lugar da grella) e [[Pedro Rodríguez de la Vega|Pedro Rodríguez]].
 
== Clasificación ==
! 6
| 17
| {{MEXb}} '''[[Pedro Rodríguez de la Vega|Pedro Rodríguez]]'''
| '''[[BRM]]'''
| 78
|}
{{col-end}}
* <small>'''Notas''': Só están incluidosincluídos os cinco primeiros postos da clasificación.</small>
 
{{Sucesión F1
18.502

edicións