Accidente de Chernóbil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 72 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q486
retiro ficheiro con ligazón rota
Liña 136:
 
==== Retirada dos cascallos ====
[[Ficheiro:Cherbnobyl-powerplant-today.jpg|250px|miniatura|Sarcófago da central.]]
A peor parte dos escombros radioactivos recolleuse dentro do que quedaba do reactor. Estes foron recollidos con pas por [[liquidador]]es que levaban pesados equipos de protección (denominados "bio-robots" polos militares); estes traballadores só podían pasar un máximo de 40 segundos de cada vez traballando nos tellados dos edificios circundantes, debido ás extremadamente altas doses de radiación emitidas polos bloques de grafito e outros restos. O propio reactor foi cuberto con sacos de area, [[chumbo]] e [[ácido bórico]] lanzados dende helicópteros: ao redor de 5.000 toneladas métricas de material foi tirado durante a semana que seguiu ao accidente. Nese momento aínda había medo de que o reactor puidese re-entrar nunha [[reacción en cadea]] auto-sostida e estoupar novamente, e foi planeada unha nova estrutura de contención para previr que a choiva entrase e desencadease un estoupido, e para evitar unha maior liberación de material radioactivo. Esta foi a maior tarefa de enxeñería civil da historia, involucrando a un cuarto de millón de traballadores da construción, os cales acadaron os seus límites oficiais de por vida de radiación. En decembro de [[1986]], un gran sarcófago de cemento foi levantado para selar o reactor e o seu contido.