Camillo Benso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 50 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q166092
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 30:
Así, Cavour chamou a atención de tódalas potencias europeas sobre a cuestión italiana; para ter éxito tería que conseguir interesar polo menos de xeito especial nalgunha delas. En [[1858]] entrevistouse con [[Napoleón III]] (favorable a intervir a favor dos italianos a pesares de escapar milagrosamente con vida ao atentado do patriota emiliano [[Felice Orsini]]) en [[Plombières]] para ratificar un tratado defensivo-ofensivo fronte aos [[Habsburgo]]. En [[1859]] estoura a guerra que enfronta por unha banda a Francia e ao Piemonte e por outro a Austria. A guerra permitiu a anexión de [[Lombardía]], pero os franceses interromperon a guerra antes do previsto, asinando un armisticio con Austria no Tratado de Villafranca. Cavour, como protesta, dimitiu. Malia a oposición de [[Víctor Manuel II]], en [[1860]] Cavour volveu ocupar o cargo de Presidente do Consello.
 
Cuns estratéxicos movementos políticos e coa axuda do goberno británico, conseguiu obter o recoñecemento dos plebiscitos que se celebraron en [[Toscana]], nos ducados de [[Módena]] e [[Parma]] e nos Estados Pontificios para a anexión do Reino de Sardeña. Para continuar obtendo o apoio francés no seu proxecto, que xa era o de unificar a península italiana, cedeu a Francia a cidade de [[Niza]] e [[Savoia (departamento)|Savoia]]. De xeito non explícito axudou a [[Giuseppe Garibaldi|Garibaldi]] a organizar a expedición dos Mil, e logo, coa escusa de deter a ese perigoso revolucionario obtivo o permiso de Francia para ocupar os [[Estados Pontificios]], agás a cidade de [[Roma]].
 
Cando se uniron os exércitos, Garibaldi doou a Víctor Manuel II o sur de Italia, co que se chegou a unha reunificación parcial da península. O [[17 de marzo]] de [[1861]] Víctor Manuel II foi proclamado Rei de Italia. Cavour adicouse a unha operación diplomática a grande escala para conseguir un acordo co Papa, pero antes de chegar á conclusión morreu, probablemente de malaria, no palacio da súa familia en Turín o [[6 de xuño]] de [[1861]].