Diferenzas entre revisións de «Piemonte»

m
sen resumo de edición
m (Substitución automática de "Piemonte.svg" por "Bandiera_della_regione_Piemonte.svg" segundo o ordenou Billinghurst. Motivo: [[commons:COM...)
m
Nos [[século IX|séculos IX]] e [[século X|X]] a rexión sufriu novas incursións, esta vez dos [[Hungría|húngaro]] e dos [[Arabia|sarracenos]], que destruíron, entre outros monumentos, a abadía de Novalesa no Val de Susa. Nesa época administrativamente dividido en condados e marquesados, foi reunificada en parte no [[século XI]] por [[Olderio Manfredi]], que conseguiu os importantes marquesados de Turín e Ivrea, deixándoos en herdanza ao seu xenro Oldone de Savoia, fillo de Umberto I Biancamano.
 
O proceso de reunificación do Piemonte baixo os [[Casa de Savoia|Savoia]] necesitou varios séculos, primeiro para a formación dos concellos autónomos, como [[Asti]] e [[Alessandria]] (no [[século XII]]), e marquesados fortes, como os de Saluzzo ([[século XI]]) e de Monferrato ([[século XII]]). Despois viñeron as intervencións de potentes señores alleos á rexión, como os Visconti (no [[século XIV]]), así como a inclusión do Piemonte nas loitas entre os [[Habsburgo]] e os [[Valois]] para acadar a hexemonía de Italia en [[Europa]] ([[século XVI]]). Só despois da paz de Cateau-Cambrésis (en [[1559]]) [[Emmanuele Filiberto]] e os seus sucesores puideron encamiñar o proceso de definitiva reunificación, finalizado en [[1748]] coa paz de Aachen.
 
Tralo paréntese da dominación napoleónica (entre [[1796]] e [[1814]]), o Piemonte seguiu os destinos do [[Reino de Sardeña]] e tivo un papel central no [[Risorgimento]] italiano, así como na construción do novo estado unitario ([[1861]]). Produciuse o que se deu en chamar a "piemontesización" do novo estado, que consistiu en tomar como modelo de estrutura xurídica e política (''Estatuto Albertino'' de [[1848]]), así como a xestión do persoal administrativo, para novo estado o da rexión piemontesa.
19.713

edicións