Abrir o menú principal

Cambios

m
En [[1547]], [[Henrique II de Francia]], que sucedera a Francisco no trono, declarou a guerra contra Carlos I coa intención de retomar Italia e asegurar Francia, intentando romper a hexemonía da [[Casa de Austria]] en Europa. En principio Francia tivo éxito na súa ofensiva contra [[Lorena]], pero o intento de invasión francesa de [[Toscana]] en [[1553]] fracasou coa súa derrota na [[batalla de Marciano]].
 
Carlos I abdicou en [[1556]], dividindo o imperio dos Habsburgo entre o seu fillo [[Filipe II de España]] e o seu irmán [[Fernando I de Habsburgo|Fernando I]], e o teatro de operacións militares cambiou de Italia a [[Flandres]] onde Filipe II, en alianza con [[Manuel Filiberto]] de [[Casa de Savoia|Savoia]], derrotou aos franceses na [[Batalla de San Quintín]], en [[1557]].
 
A entrada de [[Reino de Inglaterra|Inglaterra]] ese mesmo ano na guerra, ao lado de Francia, permitiu aos franceses tomar [[Calais]] e atacar as posesións españolas nos [[Países Baixos]]. Aínda así, Francia viuse forzada a asinar a [[Paz de Cateau-Cambrésis]], na que renunciaba á reclamación dos seus dereitos sobre os territorios italianos.
19.686

edicións