Xinkgo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Elimino: ca:Ginkgo (strong connection between (2) gl:Xinkgo and ca:Ginkgo biloba)
Ercé (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 16:
Algúns xinkgos vellos producen raíces aéreas, que se forman na cara inferior de polas grandes e medran cara a abaixo. O crecemento destas raíces é moi lento e pode durar centos de anos. A función destas raíces aéreas non é ben coñecida.
[[Ficheiro:Ginkgo Tree Ginkgo biloba Trunk Bark 2000px.jpg|dereita|miniatura|Casca do tronco]]
[[File:Ginkgo biloba MHNT.BOT.2010.13.1.jpg|thumb|''Ginkgo biloba'']]
 
As follas do xinkgo, que semellan formar acios na punta de poliñas curtas, son únicas entre as plantas con sementes. Teñen forma de abano con veas que irradian, bifurcándose ás veces, pero nunca formando unha rede.<ref name="More on Morphology">[http://www.ucmp.berkeley.edu/seedplants/ginkgoales/ginkgomm.html Ginkgoales: More on Morphology.]</ref> Dúas veas saen da base da folla en vanse gallando en dúas repetidamente. As follas miden entre 5 e 10 cm., chegando ás veces ós 15 e son caducas.