Diferenzas entre revisións de «Vickers Wellington»

*escadrón>escuadrón
m (Bot: Retiro 21 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q850244)
(*escadrón>escuadrón)
 
== Historia operacional ==
O primeiro bombardeo da [[Royal Air Force]] na guerra foi protagonizado por Wellingtons dos escadrónsescuadróns No. 9 e No. 149, xunto con [[Bristol Blenheim]]s, contra barcos alemáns en [[Brunsbüttel]] o [[4 de setembro]] de [[1939]]. Durante este ataque, os dous Wellingtons convertéronse nos primeiros avións en ser derrubados na fronte occidental. Os escadrónsescuadróns 9, 37 e 149 volveron actuar o [[18 de decembro]] dese ano nunha misión contra barcos alemáns en [[Schillig]] e [[Wilhelmshaven]]. Os cazas da ''[[Luftwaffe]]'' acabaron con 12 dos bombardeiros e danaron eriamente outros tres; poñendo de manifesto a vulnerabilidade dos avións á hora de atacar cazas, ao non ter os tanques de combustible selados nin suficiente armamento defensivo. Particularmente, mentres as torretas do morro e a cola do avión protexíano dos ataques frontais ou traseiros, o Wellington non tiña defensas contra os ataques que viñan dende arriba e abaixo, xa que non se cria que estes ataques fosen posibles debido á alta velocidade dos aparellos involucrados. Como consecuencia disto, os Wellingtons foron trasladados a operacións nocturnas e participaron no primeiro ataque nocturno a [[Berlín]], o [[25 de agosto]] de [[1940]]. No primeiro ataque de 1.000 avións a [[Colonia - Köln|Colonia]], o [[30 de maio]] de [[1942]], 599 de 1.046 aeronaves eran Wellingtons (101 deles voados por tripulacións polacas).
 
Co Mando de Bombardeo, os Wellingtons realizaron 47.409 operacións, lanzando 41.823 toneladas de bombas e perdendo 1.332 avións en acción.
93.798

edicións