Francisco Armando Veiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Política: lig int
Liña 5:
 
===Política===
Comezou a súa carreira política en 1982 en [[Alianza Popular]]. Foi cabeza de lista nas [[eleccións municipais en Riós|eleccións municipais de Riós]] de 1995 e acadou catro concelleiros, converténdose en alcalde. En 1999 logrou a maioría absoluta con 6 concelleiros, revalidada nos anos [[2003]] e 2007 con 8 [[concelleiro]]s. Como alcalde de Riós, forma parte do Consorcio de Incendios da mancomunidade de [[Verín]], e é representante e coordinador técnico do programa de voluntariado do seu concello.
 
Desde 2003 é deputado provincial, pertencendo ás comisións de Patrimonio, [[Consello de Contas]], [[Agricultura]] e [[Medio Ambiente]]. Así mesmo, fai os labores de tesoureiro na executiva do [[PPdG]].