Diferenzas entre revisións de «Jesús 'Fillo' Carballo»

Sem resumo de edição
Como deportista, foi un dos máis importantes ximnastas españois de finais da década de [[1960]]. Foi campión de España individual en [[1965]], [[1966]], [[1967]] e [[1968]] na especialidade de [[barra fixa]], e campión da Copa do Generalísimo por equipos co seu clube, o [[Real Madrid]] de ximnasia. Internacionalmente competiu nos [[Campionatos do Mundo de Ximnasia]] de [[1966]] en [[Dortmund]], nos [[Xogos do Mediterráneo 1967]] en [[Tunes]], e nos [[Xogos Olímpicos de 1968|Xogos Olímpicos de México]] en [[1968]], onde sufriu unha importante lesión. Tras estar apartado temporalmente dos ximnasios, regresou para os [[Campionatos do Mundo de Ximnasia]] de [[1970]] en [[Ljubljana]], onde unha nova lesión rematou coa súa carreira deportiva.
 
Como adestrador, comezou a ser parte do equipo técnico da [[Federación Española de Ximnasia]] logo da súa retirada. En [[1974]] foi designado seleccionador español de ximnasia deportiva, co que participou nos [[Xogos Olímpicos de 1976]] en [[Montreal]], ademais de nos mundiais de ximnasia de [[Estrasburgo]] en [[1978]]. Despois deses mundiais pasou a ser o seleccionador do equipo de ximnasia feminina, ao que dirixiu en seis [[Xogos Olímpicos]] consecutivos: [[Xogos Olímpicos de 1980|Moscova 1980]], [[Xogos Olímpicos de 1984|Os Ánxeles 1984]], [[Xogos Olímpicos de 1988|Seúl 1988]], [[Xogos Olímpicos de 1992|Barcelona 1992]], [[Xogos Olímpicos de 1996|Atlanta 1996]] e [[Xogos Olímpicos de 2000|Sidney 2000]]. Durante estes anos a ximnasia deportiva española feminina conseguiu diversos éxitos: obtivo o diploma olímpico en todas as edicións (ao remataren entre os oito primeiros equipos; e individualmente [[Eva Rueda]] conseguiu un título mundial e [[Laura Muñoz]] a primeira cualificación perfecta (10) dunha ximnasta [[España|española]]. Atribúeselle a Carballo a creación de varios movementos técnicos: o ''montálvez'' e o ''pacheco'' para [[barras paralelas]] e o ''rueda'' na [[barra de equilibrios]]. Ao mesmo tempo que seleccionador, era adestrador no Centro de Alto Rendemento deportivo da Federación Española de Ximnasia.
 
En [[2013]] o [[Consello Superior de Deportes de España|Consello Superior de Deportes]] destituíuno como seleccionador e como adestrador logo dunha denuncia por abusos sexuais.
 
==Vida persoal==