Venecia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 63:
 
=== Decadencia ===
A [[caída de Constantinopla]] en [[1453]] marcou o principio da decadencia. O descubrimento do camiño marítimo cara a [[India]] de [[Vasco da Gama]] ([[1498]]) e o [[descubrimento de América]] por [[Cristovo Colón]] ([[1492]]) desprazaron as rutas de comercio e Venecia viuse obrigada a sustentar unha loita esgotadora contra os [[Imperio OtomanoOtomán|turcos otomanosotománs]]. En [[1797]], foi invadida polas tropas de [[Napoleón Bonaparte]]. Coa sinatura do tratado de Campo Formio, dividiuse o seu territorio entre [[Francia]] e [[Habsburgo|Imperio Habsburgo]].
 
Venecia está rodeada de lagoas de pouco profundidade, e iso valeulle sempre como excelente defensa. Nas súas augas encallaban facilmente os navíos que non coñecían os fondos. Era tamén unha cidade atrincheirada protexida por grandes murallas. As "murallas" de Venecia son os perigosos bancos de area que fican case a descuberto no baixo-mar. Para chegar a Venecia dende o [[mar Adriático]] é preciso coñecer as pasaxes, que en tempos de paz eran sinaladas con fileiras de estacas con luces á noite.