Tomás de Zumalacárregui: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 10 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q717519
JaviP96 (conversa | contribucións)
arranxos
Liña 1:
[[Ficheiro:Zumalacarregui.gif|miniatura|dereita|200px|Retrato de Zumalacárregui]]
'''Tomás de Zumalacárregui y de Imaz''', nado en ([[Ormaiztegi]] en [[1788]] -e finado en [[Zegama]] en [[1835]]), coñecido popularmente ''Tío Tomás'', foi un militar [[España|español]] que chegou a xeneral carlista durante a [[Primeira Guerra Carlista]].

Naceu no seo dunha familia moi modesta, penúltimo dos once fillos do matrimonio formado por Francisco Antonio Zumalacárregui Múgica, escribano real, e Ana María Imaz Altolaguirre. Quedou orfo de pai aos catro anos e a súa nai decidiu ir vivir a Iriarte-Erdikoa, onde realizou os seus estudos elementais. En [[1801]] marchou a Idiazábal para formarse na práctica da escribanía e en 1804 instalouse en [[Pamplona]] para proseguir cos seus estudos.

==Traxectoria==
Naceu no seo dunha familia moi modesta, penúltimo dos once fillos do matrimonio formado por Francisco Antonio Zumalacárregui Múgica, escribano real, e Ana María Imaz Altolaguirre. Quedou orfo de pai aos catro anos e a súa nai decidiu ir vivir a Iriarte-Erdikoa, onde realizou os seus estudos elementais. En [[1801]] marchou a Idiazábal para formarse na práctica da escribanía e en 1804 instalouse en [[Pamplona]] para proseguir cos seus estudos.

En [[1808]], ao comezar a guerra de independencia marchou a [[Zaragoza]] para alistarse, participou no primeiro sitio da cidade, na [[batalla de Tudela]] e no segundo sitio de Zaragoza, tras ser feito prisioneiro conseguiu escapar, uníndose ao grupo de Gaspar de Jáuregui (El Pastor), pero persoa estrita e moi relixiosa, non se adaptou á vida desordenada da guerrilla polo que se incorporou ás forzas regulares en canto puido, concretamente ao primeiro batallón de Gipúscoa co rango de oficial, e en 1812 recibiu o grao de capitán. Tras a guerra permaneceu no exército e foi arquiveiro da Capitanía Xeneral do País Vasco.

Home de ideas absolutistas, durante o [[trienio liberal]], foi apartado do servizo activo, púxose ás ordes de Quesada, un dos militares realistas sublevados, combateu cos Cen Mil Fillos de San Luís en Aragón e ascendeu a tenente coronel, tras a restauración de [[Fernando VII]] no trono de España e a volta do absolutismo en 1823 formou parte da comisión militar para a represión dos delitos políticos e en 1829 ascendeu a coronel e en 1832 ocupou o posto de gobernador militar de [[Ferrol]], enfrontado coas autoridades navais da localidade solicitou a licenza ilimitada e marchou a [[Pamplona]].

== Primeira Guerra Carlista ==

Tras a morte de Fernando VII marchou a La Berrueza (Navarra) e uniuse á sublevación carlista baixo o mando de Iturralde e Sarrasa. O 14 de novembro de 1833 os sublevados elixiron en Estella como xefe militar a Zumalacárregui, e comezou a organizar dende a nada en moi pouco tempo un eficaz continxente militar, equipándoo con armas tomadas aos exércitos cristinos nos campos de batalla ou en ataques contra fábricas ou convois, e consciente da súa inferioridade numérica e armamentística reproduciu a táctica guerrilleira que coñecía dende a Guerra de Independencia, amparándose no accidentado do relevo e no apoio de gran parte da poboación civil. O [[7 de decembro]] de 1833 as deputacións de Biscaia e Álava convertérono no xefe das súas tropas. Durante o ano 1834 conseguiu a vitoria na maioría das accións militares, mesmo chegando a provocar a dimisión de Rodil no mando do exército cristino, pero na [[batalla de Mendaza]] a fins dese ano saiu derrotado e na [[batalla de Arquijas]] optou pola retirada.

Pero en marzo e abril de 1835, coa acción de Larremiar contra [[Francisco Espoz y Mina]] e a acción de Artaza contra [[Gerónimo Valdés]], desfixo a tropa cristina que se viu na obriga de retirarse do País Vasco e Navarra, conservando tan só gornicións nas capitais de provincia e nalgunhas cidades da costa. Animado polos seus éxitos militares e pola necesidade de obter financiamento e recoñecemento internacional puxo sitio a Bilbao o [[10 de xuño]] de [[1835]], o 15 de xuño mentres facía unha rolda de recoñecemento unha bala perdida deulle nunha perna, os seus homes trasladárono a Zegama e morreu o 24 de xuño de 1835, seguramente de septicemia.

==Véxase tamén==
{{Commons}}