Xardinaxe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot: Substitución automática de texto (-estatus +status)
Liña 21:
Os xardíns ornamentais xa eran coñecidos no mundo antigo, o exemplo de máis sona é o dos desaparecidos [[Xardíns colgantes da Babilonia|Xardíns pénsiles da Babilonia]], unha das [[Sete marabillas do mundo]] antigo, así coma [[patrimonio da humanidade]]; os romanos tamén gostaban dos xardíns e atrios.
 
O deseño de xardíns remóntase ao [[antigo Exipto]], onde os ricos empregábanos principalmente para se abeirar do sol. Os exipcios asociaban as árbores e os xardíns cos deuses; estes xardíns adoitaban estar coutados de valados ou sebes con [[Palmeira (botánica)|palmeira]] en ringleiras. Entre as especies máis populares estaban as [[datileira]]s, os [[sicómoro]]s, as [[figueira]]s, as [[amendoeira]]s e os [[salgueiro]]s. Estes xardíns eran símbolo dun estatusstatus social elevado. Ademais os antigos exipcios tiñas [[viña]]s, sendo o [[viño]] xa un distintivos das clases sociais acomodadas. [[Roseira]]s, [[papoula]]s, [[margarida]]s e [[lirio|lis]] eran tamén plantas comúns nestes verxeis.
 
Os [[Asiria|asirios]] tamén foron coñecidos polos seus fermosos xardíns. Estes acostumaban ser largos e amplos, moitos usados para [[cinexética|cazarías]] e outros para lecer. [[Alcipreste]]s e [[Palmeira (botánica)|palmeira]]s eran das árbores máis sonadas. Crese que cando o imperio asirio caeu [[Babilonia]] desenvolveuse coma un vizoso imperio cos [[Xardíns colgantes da Babilonia|xardíns pénsiles]] coma símbolo de fortaleza.