Mercenario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 45 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q178197
m Bot: Substitución automática de texto (-estatus +status)
Liña 25:
Se tras un xuízo regular, un soldado capturado é declarado mercenario, debe ser tratado coma un delincuente común, e podería ser sometido á [[pena capital]]. Por mor de que non é cidadán de ningunha das partes en conflito, non podería esperar a ser repatriado ó final da guerra. O caso máis coñecido trala [[Segunda Guerra Mundial]] deuse o [[28 de xuño]] de [[1976]], cando un tribunal de [[Angola]] sentenciou a morte catro mercenarios e a penas de prisión que oscilaban entre os 16 ós 30 anos a outros nove. Os catro condenados a morte, tres británicos e un estadounidense, foron fusilados o [[10 de xullo]] de [[1976]].
 
O estatusstatus legal dos contratistas civís depende da natureza do seu traballo e da súa nacionalidade no tocante ós combatentes, pero se non tomaron parte activa na confrontación (APGC77 artigo 47.b), non son mercenarios, e atópanse baixo a protección da [[Convención de Xenebra]].
 
A situación provocada durante a [[Guerra de Iraq|ocupación de Iraq]] de [[2003]] amosa a dificultade en definir un mercenario. Mentres os [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] gobernaron o país, ningún cidadán estadounidense que traballara coma garda armado podía ser considerado mercenario, porque eran nacionais dunha das partes en conflito (APGC77, artigo 47.d). Cando se transferiu o poder ó goberno interino iraquí, podíase argumentar que, a non ser que declarasen estas persoas coma residentes en [[Iraq]], ó non ser residentes nin nacionais dun territorio parte no conflito (APGC77, artigo 47.d), poderían ser consideradas mercenarios. Se non tivese lugar ningún xuízo das persoas acusadas de ser mercenarios, as alegacións tenderían a se evaporar nunha espiral de acusacións, denegacións e contraacusacións. Débese ter en conta que os soldados da coalición en Iraq que apoian o goberno interino iraquí non son mercenarios, xa que todos eles forman parte das forzas armadas dunha das partes en conflito ou foron enviados por un estado que non é parte do conflito en cumprimento do seu deber coma membro das forzas armadas (APGC77, artigo 47.f).