Marshall Sahlins: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 18 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q345300
m Bot: Substitución automática de texto (-estatus +status)
Liña 7:
O seu traballo centrouse en demostrar o poder que ten a cultura para moldear a actuación das persoas á marxe da [[bioloxía]]. Deste xeito, os sistemas económicos adáptanse ás circunstancias particulares de cada cultura. Distingue entre dous tipos de evolución das sociedades, por un lado, unha evolución xeral, entendida como a tendencia dos sistemas sociais e culturais a incrementaren o seu nivel de complexidade, organización e adaptación ao medioambiente. Mais, por outro, as comunidades humanas non están ailladas, de xeito que interaccionan e difunden as súas competencias tecnolóxicas, acabando por se desenvolveren de distintos xeitos ao tempo que son introducidos estes elementos anovadores en combinacións diferentes e en distintas etapas.
 
En relación directa co anterior entra o cualificativo de ''sociedades opulentas'' co que describiu a certas sociedades [[Mesolítico|mesolíticas]]. Fronte á visión tradicional de comunidades anguriadas pola procura permanente de alimentos nunha natureza hostil, Sahlins xulga unhas comunidades humanas plenamente adaptadas á contorna, eficaces nas súas estratexias de subsistencia e con moito tempo de lecer para atenderen as súas inquietudes intelectuais e de relacións sociais. Así, chega a afirmar que a evolución da cultura trae consigo un aumento da fame, así como unha diminución do tempo libre. Xa que logo, concibe a pobreza como un estatusstatus social inventado polas sociedades modernas unha vez introducida unha diferenciación entre clases sociais.
 
== Véxase tamén==