Lingua: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 3 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q4113741
m Bot: Substitución automática de texto (-estatus +status)
Liña 47:
'''Lingua nacional''' é aquela usada e creada por un pobo ao longo da súa historia. Non hai relación unívoca entre as dúas categorías, xa que a lingua oficial non sempre é a nacional (como ocorre co [[Lingua francesa|francés]] no [[Líbano]]), e a lingua nacional non sempre é a oficial (o [[lingua retorrománica|romanche]] en [[Suíza]]).
 
As necesidades de comunicación entre individuos de linguas nacionais distintas provocaron ao longo do tempo que certas modalidades lingüísticas alcanzasen o estado de linguas internacionais. Son aquelas aprendidas como segundas linguas por un amplo número de persoas que as utilizan ao se dirixiren a falantes doutros territorios lingüísticos. Entre outras, alcanzaron o estatusstatus de linguas internacionais o [[Lingua latina|latín]] desde a Antigüidade ata a [[Idade Media]], o [[Lingua francesa|francés]] no [[século XVIII]] e o [[Lingua inglesa|inglés]] a partir do [[século XIX]]. A internacionalidade dunha lingua é en certa maneira independente do volume total demográfico de individuos que a usan como primeira lingua e ten máis que ver co poder político e económico do Estado que a sustenta. Así, a lingua demograficamente máis importante do mundo, o [[Mandarín|chinés mandarín]], ten polo de agora pouco valor como lingua internacional.
 
Outras modalidades lingüísticas creadas de maneira máis ou menos planificada para serviren de medio de comunicación a persoas de comunidades lingüísticas distintas son: