Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: Substitución automática de texto (-estatus +status)
En [[1869]] prodúcese o primeiro desastre da historia da cidade de Dacar, que queda moi seriamente afectada por unha [[epidemia]] de [[cólera]], que provocou a morte do propio Émile Pinet-Laprade, o [[17 de agosto]]. En [[1875]], Dacar substitúe a cidade de Gorea como centro administrativo do seu distrito. Mais, por razóns económicas, parte da clase dirixente da illa de Gorea prefería establecerse na localidade de [[Rufisque]], situada a uns 25 km ao suroeste de Dacar, o que freaba o crecemento urbano de Dacar xa que eran os propietarios de boa parte do solo urbano da mesma. Con todo, para [[1876]] elabórase un novo catastro da cidade, que en [[1878]], xa conta cuns 1.500 habitantes.
 
O [[17 de xuño]] de [[1887]] prodúcese un acontecemento destacado na historia da cidade que accede á categoría de comuna definitivamente independente da da illa de Gorea. O primeiro alcalde da cidade, que tomou posesión o [[9 de decembro]] dese mesmo ano, foi Jean Alexandre. Rapidamente Dacar acadou un estatusstatus que lle fixo quedar asimilada a unha [[Comunas de Francia|comuna francesa]], cos seus habitantes tendo os mesmos dereitos que os franceses metropolitanos.
 
Nos últimos anos do [[século XIX]] e primeiros do [[século XX]], a cidade coñece unha serie de importantes obras públicas relativas a infraestruturas (porto e [[ferrocarril]], especialmente), que aceleran o seu desenvolvemento. En [[1902]], a cidade substituíu a [[Saint Louis, Senegal|San Luís]], igualmente en Senegal, como [[capital (política)|capital]] da colonia da [[África Occidental francesa]].
103.029

edicións