Cirurxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 74 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q40821
m Bot: Substitución automática de texto (-estatus +status)
Liña 181:
Na Europa occidental, despois dun período de repregamento durante a Alta Idade Media, recupérase un espírito cultural e técnico que culmina no chamado [[Renacemento do século XII]]. A [[Escolástica (filosofía)|escolástica]], no [[século XI]], preconiza un sistema coherente de pensamento próximo ao que será o [[empirismo]]. A [[filosofía natural]] proponse como obxectivo a descrición da natureza, percibida como un sistema coherente de [[fenómenos]]s (ou ''[[pragmata]]''), movidos por "[[lei]]s".<ref>O termo "lei" é, sen embargo, anacrónico; na época do nacemento das primeiras grandes [[universidade]]s de [[occidente]], a palabra "lei" tiña un significado exclusivamente [[Xustiza|xurídico]].</ref>
 
Na Baixa Idade Media fai a súa aparición a [[lóxica]], que permite que se desenvolvan diversos métodos científicos, así como os esforzos para elaborar [[modelo matemático|modelo]]s matemáticos ou [[médico]]s, o que xogará "un papel maior na evolución das diferentes concepcións do estatusstatus das ciencias".<ref>Christophe Grellard (editor), ''Méthode et statut des sciences à la fin du Moyen Âge'', Presses Universitaires du Septentrion, 2004, páxs. 8-9.</ref> Por outra parte, o mundo medieval occidental ve aparecer unha "laicización do saber", concomitante coa "autonomización das ciencias".
 
A cirurxía non se desenvolve até os [[século XII|séculos XII]] e [[século XIII|XIII]]. No século XIII os estudos de ciruxía máis importantes lévanse a cabo en torno a [[Boloña]], na recente universidade inaugurada en [[1088]], onde Hugo de Borgognoni funda a facultade de medicina. O seu fillo Teodorico de Borgognoni ([[1205]] - [[1296]]) escrbiu ''Chirurgia'', un tratado dedicado exclusivamente á cirurxía, no que pon en discusión a práctica, herdada de Galeno, de deixar que as feridas se carguen de pus, como a medida máis eficaz para a súa curación. Para as [[Sutura (medicina)|sutura]]s utilizaba fío fabricado con intestino de animais, (auténtico precursor do [[catgut]], fío de sutura utilizado antes do desenvolvemento dos materiais sintéticos, feito a partir do intesino de cabalo ou de cabra, e utilizado para as suturas internas, de maneira que puidesen seren reabsobidas co tempo).