Diferenzas entre revisións de «Conquista do Imperio Azteca»

sen resumo de edición
m (→‎Antecedentes: Yáñez)
[[Ficheiro:Aztecempirelocation.png|miniatura|dereita|300px| Extensión do Imperio Azteca antes da chegada dos españois.]]
A '''Conquista do Imperio Azteca''' fai referencia o conxunto de campañas militares [[España|españolas]] aconteciadasacontecidas a partir de [[1517]] cuxo obxetivoobxectivo era a dominación dos territorios controlados polo [[Imperio Azteca]] e dos demais pobos [[Mesoamérica|mesoamericanos]] relacionados con eles; que desembocaría no [[Vicerreinado de Nova España]].

==Antecedentes==
No [[1507]] [[Vicente Yáñez Pinzón]] bordea a costa de [[América Central]] ata o [[Península de Iucatán|Iucatán]]. No ano [[1511]], sendo [[Moctezuma|Moctezuma II Xocoiotzin]] soberano dos aztecas, unha [[nao]] española naufraga cerca das costas [[mar Caribe|caribeñas]] do continente e os seus tripulantes son apreixados polos [[Civilización maia|maias]] do Iucatán. Entre eles áchase [[Xerónimo de Aguilar]], xunto con outro compañeiro, quen máis tarde servirán de intérpretes a [[Hernán Cortés]]. No ano [[1512]] outro suceso semellante ao do ano anterior dá lugar ao apreixamentoapresamento de varios españois máis, entre eles Gonzalo Guerrero. Permanecerán nos dominios maias ata a chegada de Cortés. Coa chegada do ano [[1517]], parte dende a illa de Cuba unha expedición dirixida por [[Francisco Hernández de Córdoba]], quen logra desembarcar o 4 de marzo no [[Cabo Cachote]] (ou Catoche), pero ante a resistencia férrea dos indíxenas da zona, resulta ferido e vese na obriga de voltar para a illa de [[Cuba]]. No [[1518]] [[Xoán de Grixalva]] explora as costas de México e rodea o Iucatán, navega dende a [[illa de Cozumel]] ata o [[Cabo Roxo]] na [[ensenada de Tamiahua]] e remonta o río que hoxe leva o seu nome ata chegar a [[San Xoán de Ulúa]]; o 19 de xuño de mesmo ano bautiza esta poboación baixo o nome de [[Santa María das Neves]].

No mes de [[febreiro]] de [[1519]] [[Diego Velásquez]], gobernador de [[Cuba]], forma unha [[expedición]] que parte cara México comandada por [[Hernán Cortés]]. Porén, máis tarde proponse destituílo e, sabedor Cortés disto, decide precipita-los acontecementos saíndo da [[Habana]] o [[10 de febreiro]] con 665 homes. Os historiadores xa estimaban unha poboación neste mesmo ano duns 25.000.000 de habitantes mesoamericanos. Tamén neste ano [[Afonso Álvarez de Pineda]] viaxa pola costa do [[Golfo de México]] dende [[Florida]] ata o [[río Pánuco]]. Cortés fai a mesma viaxe que [[Xoán de Grixalva]], entra en contacto cos indíxenas, e o [[25 de marzo]] logra vencelos en [[Tabasco]], recibindo en compensación obxectos variados e 20 escravas; entre elas atópase [[Malinche]] (ou Malintzin, que máis adiante tamen desempeñará oficio como tradutora entre os españois e os aztecas, ademais, segundo outros biógrafos, será a mantida de Cortés). Prosegue viaxe e tras desembarcar na [[rada]] do que hoxe é [[Veracruz]], o [[21 de abril]] do mesmo ano funda a cidade que chamará [[Vila Rica da Vera Cruz]], e así poder obter a independecia de Cuba{{Cómpre referencia}}. Como medida de precaución ante as [[deserción]]s ou [[amotinamento]]s{{Cómpre referencia}} decide afundi-las naves despois de ser queimadas; estando nisto chéganlle noticias de [[Moctezuma II]], quen cre que Cortés é o principal sacerdote [[tolteca]] [[Ceacatl-Quetzalcóatl]] que volta ao país.
''Apareceu un presaxio sobre a fraga, coa forma de mazaroca de millo que respladecia coma o amencer. Parecia sangrar lume, pinga a pinga coma se fose unha ferida no ceo. Son un guerreiro, non un sacerdote, e non sabía como interpretar este sinal. ¿Estaban anoxados o deuses?. Consultei cos adiviños e magos para saber se se aveciñaba outra… gran guerra. Pero só responderon máis vaguedades. Os deuses queren máis sacrificios!, dixeron, era sempre a mesma resposta.''

''Os sacrificios leváronnos á conquista de gran parte do noso imperio de fragas e volcáns, sempre estamos guerreando, derrotando a un número cada vez maior dos nosos inimigos para poder ofrecer sacrificios aos deuses. Os magos din que hai que facer un sacrificio diario para que o sol siga saíndo.''

''Os equipos de mensaxeiros tardaron máis de dous diasdías en percorrer máis de 300 Km para leva-la miña mensaxe ata a cidade de Tenochtitlán. Dous días despois, o meu tío, o emperador Moctezuma, enviou a súa resposta. Os seus sacerdotes predixeron a inminente volta do exilio do poderoso Quetzalcóatl a “serpe emplumada”, deus da sabedoría e o vento. ¿de que outra forma se podía dar desposta ao presaxio?.''

''Moctezuma ordenaba aos meus guerreiros que se esforzaran para cosolida-lo control da xungla que separa o noso territorio dos nosos enemigos, polo que se debía logra-lo control dos santuarios consagrados a Quetzalcóatl, a “serpe emplumada”. Como o imperio Azteca é poderoso e se expande constantemente, creamos moitos inimigos: por iso temos que defende-los santuarios deles para prepararnos de cara á volta de Quetzalcóatl.''

''O emperador Moctezuma vivía nos cuartos máis belos do pazo, coas súas donas e mantidas; mentres falabamos bebía chocolate escumoso dunha copa. Os músicos tocaban tambores e frautas e ao seu son bailaban mulleres enmascaradas.''

''Cando hai moitos anos, meu tío Moctezuma subiu por primeira vez á Gran Pirámide para converterse no emperador, houbo unha gran celebración. Pero agora, algúns cuestionan o seu gran poder, ás veces tarda moito en tomar decisións e case nunca dirixe os seus guerreiros no combate.''

''Os sacerdotes de Moctezuma informáronnos que Quetzalcoatl a “serpe emplumada” voltaría pronto a Tenochtitlán para reclama-lo trono. Como axudara a prepara-la súa chegada, déronme unha macana de obsidiana nova e ascedéronmeascendéronme ao rango de guerreiro xaguar.''

''Aquela noite houbo máis festas e danzas, o aire arrecendia a perfume. Pero mentres baixaba os chanzos do pazo do emperador, vin que o presaxio seguía sobre o lago, arrebolando faíscas no ceo de medianoite.''

== Véxase tamén ==
===Outros artigos===
*[[Historia de México]]
*[[Descubrimento de América]]
*[[Hernán Cortés]]

*[[Conquistadores españois]]

*[[Imperio Azteca]]
[[Categoría:Historia de México]]
[[Categoría:Historia de España]]
199.006

edicións