Azor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 71 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q25353
Liña 3:
== Descrición ==
[[Ficheiro:Accipiter gentilis, Naumann 1899.jpg|miniatura|Azor]]
O azor é unha [[aves|ave]] de tamaño mediano-grande, a lonxitude do corpo vai de 46 a 63 cm., e a envergadura alar de 89 a 122. O peso vai dos 0,52 kg dos machos máis pequenos aos 2,2 kg das femias máis grandes. O macho é sempre máis pequeno cá femia. As alasás son relativamente curtas, anchas e arredondadas nas puntas; a cauda relativamente longa, trazos estes característicos da dos membros da familia dos ''Accipitridae'', que viven en xeral nos boscos, e que non permiten unha grande velocidade de voo, mais si a capacidade de manobrar en espazos reducidos.
 
Os azores adultos son na parte superior de cor gris pizarra marronosa e brancos con bandas castañas escuras por abaixo. Os exemplares novos son de cor acastañada, e na parte inferior de [[cor]] amarela clara, amarela, beige, laranxa ou asalmonada con manchas ou bandas.