Enfermaría: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 39 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q121176
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 110:
 
=== Idade Media ===
Na [[Idade Media]], a vocación de "axudar ao próximo" encóntrase estreitamente ligada á ideoloxía da [[relixión]] e da [[Congregación|Igrexa]]. Os ''coidadores'' adoptan consignas similares ás da relixión de [[Xesús de NazarethNazaret|Cristo]]: socorrer aos humildes, ter misericordia dos aflixidos, pois na época, a idea de pobreza se xunta á da [[Caridade (relixión)|caridade]].
 
As grandes [[epidemia]]s e os tempos de guerra influíron na organización do coidado ás persoas enfermas no seo das congrecións relixiosas. O [[cristianismo]] e a súa organización (a [[Igrexa Católica Romana|Igrexa]]) tivo vínculos históricos importantes coas prácticas de coidados de enfermaría desde os mosteiros a través das ordes relixiosas, así como desde a conquista da [[Terra Santa]] nas [[cruzadas]]. Como consecuencia do pensamento medieval relacionado coa reconquista dos Santos Lugares, xurdiu un movemento organizado que cristalizou co fenómeno histórico das cruzadas, as cales deron lugar á aparición de tres tipos de figuras: o guerreiro, o relixioso e o enfermeiro.
Liña 116:
A demanda de hospitais e sanitarios nas rotas seguidas polos cruzados propiciou a aparición das [[Ordes Militares]] dedicadas á enfermería: especialmente da [[Orde de Malta|Cabaleiros Hospitalarios de San Xoán de Xerusalén]], que fondaron as primeiras enfermarías que tiñan a vocación de "asegurar e coidar", pero tamén os [[Cabaleiros Teutónicos]] e os [[Cabaleiros de San Lázaro]].
 
Paralelamente, os hospitais evolucionaron seguindo o desenvolvemento das cidades: novas formas de asistencia desenvólvense, sobre todo desde o [[século VII]] no seo do que os franceses denominan ''Hôtel-Dieu''. Estas institucións comeza a restrinxir as entradas da xente en proveito das enfermidades [[curable|curábeis]], especializándose en [[hospicio]]s onde os ''coidados aos enfermos'' organízanse a través da xerarquía relixiosa e son dispensados polas ''sores (monxas) hospitalarias''. O coidado aos enfermos baséase entón na aplicación de técnicas e coñecementos médicos e cirúrxicos que lentamente se van desenvolvendo.
 
En [[España]], a primeira institución destinada a acoller enfermos foi o Hospital do Bispo Masona, en [[Mérida, España|Mérida]], no [[século VI]], segundo Domínguez Alcón e o Diccionario Eclesiástico de España.<ref>Hernández Conesa, Juana. ''Op. cit.''</ref>
Liña 162:
Durante a [[Segunda Guerra Mundial]] a penuria de médicos fixo que a enfermaría adquirira maior importancia e relevo. Nos últimos días da guerra un artigo de Bixler e Bixler na revista ''American Journal of Nursing'' valoraba a enfermaría como unha profesión. Os sete criterios para unha profesión identificados por estes autores eran aplicábeis á enfermaría da forma en que se practicaba nese momento, e xustificaban a consideración desta actividade como profesión.
 
O coidados enfermeiros, dos que a terminoloxía quedou oficialmente fixada despois da primeira sesión do ''Comité de expertos en enfermaría'' da [[Organización Mundial da Saúde]] (OMS) en [[1950]],<ref>Serie dos informes técnicos n° 24, Xenebra, 1950</ref> e cuxo primeiro [[códigodeontoloxía|código de deontoloxía]] se publicou en [[1953]],<ref>Véxase en [http://www.icn.ch/icncodef.pdf Código deontolóxico para a profesión de enfermaría] de 1953. {{fr}}.</ref> tenderon, desde aquela, a constituírse nunha [[ciencia]].
 
En [[España]], o [[4 de decembro]] de [[1953]] unifícanse en ATS (Asistente Técnico Sanitario) os estudos de auxiliares sanitarios seguindo o modelo de especialidades [[Medicina|médicas]] co obxecto de proporcionar así maior formación *posbásica ás profesións de ''matronas'', ''practicantes'' e ''enfermeiras'', de modo que as matronas pasan a ser unha especialidade de ATS <ref>Decreto de xaneiro de 1957, BOE do 12 de febreiro de 1957.</ref> e pouco despois tamén os ''fisioterapeutas''.<ref>Real Decreto de 26 de xullo de 1957, BOE do 23 de agosto.</ref> En [[1977]],<ref>Real Decreto 2128</ref> transfórmanse en España as ensinanzas conducentes ao título de ATS polas de ''Diplomado universitario en enfermaría'' (DUE).