Marcionismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 25 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q754941
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 3:
 
== Historia e características ==
Esta corrente do [[cristianismo]] primitivo afirmaba que o Deus da [[Torá]] xudía, o Deus de [[Israel]] do [[Antigo Testamento]] non era o Deus Pai de [[Xesús de NazarethNazaret]]. Entrementres o Deus dos xudeus era un lexislador, xusticieiro e ciumento, o Creador do Universo material e o causante da enfermidade, a corrupción e o sufrimento, o Deus Pai de Xesús era unha divinidade omnipotente, misericordiosa e bondadosa. Xesús non era o [[Mesías]] dos xudeus senón o enviado do Deus misericordioso para predicar o amor e ofrecerse en sacrificio para aplacar a carraxe e a xenreira do Deus da xustiza, o Deus creador. Xesús, xa que logo, non se [[encarnación|encarnou]] nin a súa carne [[resurrección|resucitou]], senón que era un alma con un corpo aparente, aínda que si sufreu na cruz pero dun xeito non físico ou material.
 
Marción foi o primeiro pensador critián que se esfozou por establecer un canon de escrituras inspiradas. Rexeitou todas as da [[Biblia]] xudea, o Antigo Testamento, e escolleu os escritos que máis adiante formarían o [[Evanxeo de Lucas]] sen os relatos da infancia (Xesús, segundo el, non naceu]. Recolleu as cartas de [[Paulo de Tarso]], entre as que non se encontraba a [[Carta a Tito]] e a [[Carta a Timoteo]]. Isto encirrou ao cristianismo ortodoxo a esforzarse por definir un canon. As súas doutrinas foron consideradas heréticas por [[Xustino Mártir]] e [[Tertuliano]].
 
O marcionismo acadou un éxito notable constituíndo igrexas en diversas latitudes especialmente en [[Asia Menor]] e se mantuvomantívose moi activo durante varios séculos.
 
[[Categoría:Cristianismo]]