Abrir o menú principal

Cambios

lig int
Irureta iniciouse como adetrador en [[1984]] cando se fai cargo do [[Sestao Sport Club|Sestao]], club no que permanecerá durante catro tempadas. En [[1988]] dá o salto a Primeira División sendo contratado polo [[Club Deportivo Logroñés|Logroñés]], sendo o seu debut na máxima categoría o [[3 de setembro]] nun partido entre o Logroñés e o Atlético de Madrid (1–0), club no que Irureta conseguira os seu maiores logros como futbolista. Na xornada 20 foi destituído, despois de xogar novamente contra o Atlético pero esta vez caer derrotadp.
 
En [[1989]] comeza a adestrar ao [[Real Oviedo]], equipo no que permanece catro tempadas, conseguindo o seu maior logro neste equipo na tempada [[Primeira división española 1990/91|1990–91]], cando o Oviedo remata como sexto clasificado, conseguindo unha praza para xogar a [[Copa da UEFA]] por primeira vez na historia do club. Na tempada [[Primeira división española 1993/94|1993–94]] dirixiu ao [[Racing de Santander]], conseguindo un oitavo posto, e un ano máis tarde adestrou ao Athletic Club, o que fora o seu derradeiro equipo como xogador. A mediados da tempada [[Primeira división española 1995/96|1995–96]] sustituiu no banquiño da [[Real Sociedad]] a [[Salvador Iriarte]], quedando no club unha tempada máis. En [[1997]]  faise cargo do [[Celta de Vigo]], onde consigue un sexto posto, clasificando ao club para a Copa da UEFA.
 
En [[1998]] é contratado polo [[Deportivo de La Coruña|Deportivo da Coruña]], club co que conseguiría os seus maiores éxitos como adestrador. Na tempada [[Primeira división española 1999/00|1999–00]] gañou a Liga, a primeira na historia do club, conseguindo ademais dous subcampionatos ([[Primeira división española 2000/01|2000–01]] e [[Primeira división española 2001/02|2001–02]]) e dous terceiros postos ([[Primeira división española 2002/03|2002–03]] e [[Primeira división española 2003/04|2003–04]]). Gañou tamén unha [[Copa do Rei de Fútbol|Copa do Rei]] (2001–02) e dúas [[Supercopa de España de Fútbol|Supercopas de España]] ([[Supercopa de España de Fútbol 2000|2000]] e [[Supercopa de España de Fútbol 2002|2002]]). En Europa conseguiu levar ao club a semifinais da [[Liga de Campións da UEFA|UEFA Champions League]] na tempada 2003–04 e a cuartos de final en dúas ocasións. Tras considerar rematado o seu traballo no Deportivo, abandonou o club ao remate da tempada [[Primeira división española 2004/05|2004–05]].
 
En [[2006]] faise cargo do [[Real Betis Balompié|Real Betis]], club onde non remata a tempada sendo substituído por [[Luis Fernández (adestrador)Toledo|Luis Fernández]]. O [[22 de xaneiro]] de [[2008]] sustitúe como adestrador a [[Ander Garitano]] no banquiño do [[Real Zaragoza]],<ref>[http://www.marca.com/edicion/marca/futbol/1a_division/zaragoza/es/desarrollo/1080840.html "Garitano dimite y le sustituye Irureta"]</ref> pero pouco tempo despois, o [[3 de marzo]], dimite tras unha racha de resultados negativos.<ref>[http://www.marca.com/edicion/marca/futbol/1a_division/zaragoza/es/desarrollo/1096381.html "Javier Irureta dimite como técnico del Zaragoza"]</ref>
 
Irureta sentouse en máis de 600 ocasións nos banquiños de Primeira División.