Orthocoronavirinae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 30:
Nos [[galiña|polos]] o [[virus da bronquite infecciosa]] (IBV), que tamén é un coronavirus, afecta non só ao tracto respiratorio senón tamén o tracto uroxenital. O virus pode espallarse a diversos órganos do animal.
 
Os coronavirus poden causar diversas doenzas en animais domésticos e mascotas, algunhas das cales poden ser graves e son unha ameaza para a industria agropecuaria. Economicamente, os coronavirus importantes de animais domésticos son: o coronavirus [[porcino]] ([[coronavirus da gastroenterite transmisible]]) e o coronavirus [[bovino]]; ambos os dous orixinan [[diarrea]] nos animais novos. O [[coronavirus felino]] pode aparecer en dúas formas, unha das cales é o coronavirus entérico felino, que é un patóxeno de importancia clínica menor, pero a súa mutación espontánea dá lugar a outra forma que causa [[peritonite infecciosa felina]], unha enfermidade con alta mortalidade. Hai dous tipos de [[coronavirus canino]]s (CCoV), un que causa unha doenza gastrointestinal suave e outro que causa unha enfermidade respiratoria. O [[virus da hepatite do rato]] (MHV) é un coronavirus que causa unha enfermidade [[Murinae|murina]] epidémica con alta mortalidade, especialmente entre as colonias de ratos de laboratorio. Antes do descubrimento do SARS-CoV, o virus da hepatite do rato era o coronavirus mellor estudado HV tanto ''[[in vivo]]'' coma ''[[in vitro]]'' e tamén a nivel molecular. Algunhas cepas do MHV causan unha encefalite desmielinizante progresiva nos ratos, o cal foi utilizada como modelo murino para a [[esclerose múltiple]]. Estanse a facer importantes esforzos na investigación da patoxénese viral destes coronavirus animais, especialmente por parte dos virólogos interesados en enfermidades [[veterinaria]]s e [[zoonose|zoonóticas]].
 
==Replicación==