Diferenzas entre revisións de «Clamidiáceas»

 
==Clasificación==
===Cambios taxonómicos===
Ata 1999 a familia estaba formada por un só xénero, ''Chlamydia'' con catro especies (clasificación de Stolz e Page), que eran: ''Chlamydia trachomatis'', ''Chlamydia pneumoniae'', ''Chlamydia pecorum'', e ''Chlamydia psittaci''. Nese ano Everett, Bush e Andersen presentaron unha nova proposta para a clasificación desta familia na que se facían os seguintes cambios:<ref>Bush RM & Everett KDE (2001). Molecular evolution of the Chlamydiaceae. Int. J. Syst. Evol. Microbiol. 51:203-220. ([http://rmbush.bio.uci.edu/IJSEM2001.pdf PDF])</ref><ref>Everett KDE, Bush RM & Andersen AA (1999). Emended description of the order Chlamydiales, proposal of Parachlamydiaceae fam. nov. and Simkaniaceae fam. nov., each containing one monotypic genus, revised taxonomy of the family Chlamydiaceae, including a new genus and five new species, and standards for the identification of organisms. International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology, (2)49:415-440. ([http://rmbush.bio.uci.edu/IJSB1999.pdf PDF]). PMID 10319462.</ref> a familia foi dividida en dous xéneros: ''Chlamydia'' e ''Chlamydophila gen. nov.''; creáronse dúas especies novas: ''Chlamydia muridarum sp. nov.'' e ''Chlamydia suis sp. nov.'' (que xunto con ''Chlamydia trachomatis'' son as tres especies que quedaron no xénero ''Chlamydia''); no novo xénero ''Chlamydophila gen. nov.'' incluíronse as antigas ''Chlamydia pecorum'', ''Chlamydia pneumoniae'' e ''Chlamydia psittaci'', que, por tanto, cambiaron o seu nome xenérico a ''Chlamydophila''; creáronse tres novas especies derivadas de ''Chlamydia psittaci'', que son: ''Chlamydophila abortus gen. nov., sp. nov.'', ''Chlamydophila caviae gen. nov., sp. nov.'' e ''Chlamydophila felis gen. nov., sp. nov.''
 
187.580

edicións