Domingos de Guzmán: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
→Viaxe a Europa: corrixo |
|||
Liña 18:
[[Ficheiro:Inkvisisjonen.jpg|esquerda|miniatura|200px|San Domingos e os albixenses, por [[Pedro Berruguete]].]]
O rei [[Afonso IX|Afonso VIII]] encargou ao bispo de Osma [[Diego de Acebes]] desprazarse a [[Dinamarca]] para concertar o matrimonio do seu fillo [[Fernando III de Castela|Fernando]] cunha dama daquel país. O bispo fíxose acompañar de Domingos. Nese periplo comprobaron como especialmente [[Occitania]] pero tamén [[Francia]], [[Renania]], [[Flandres]] e [[Lombardía]] estaban influídas por doutrinas que se afastaban do cristianismo católico e que estaban favorecidas por condes e outros señores e poderes civís. Particularmente espallados estaban os [[cátaros]] e a doutrina [[albixense]]. Esta sostiña que o Deus creador non era o Deus Bo senón un malévolo demiúrgo de onde saen a corrupción e a morte. Sendo o corpo e a materia algo malo e perverso, [[Xesús de
Na súa primeira estadía en [[Tolosa - Toulouse|Tolosa]], Domingos puido coñecer como o seu hospedeiro, profesando o que el consideraba herexías, facía gala dun importante bagaxe de argumentacións e coñecementos contra a fe católica. Toda a noite estivo parolando con el ata que o converteu, pero ficou impresionado da formación dos herexes máis comúns e da súa coherencia de vida. En chegando a Dinamarca, comprobou que no norte de Europa non só non había herexes senón paganos que aínda non coñecían o cristianismo. Caso dos [[cumanos]], un pobo con sona de fero procedente do Leste.
|