Guerras cántabras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 14 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1340107
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 49:
{{cita|Xa para aquela atopábase prevido [[Aníbal]], tendo sacado do noso país tropas para guarnecer puntos débiles de África, e traendo para acá outras hostes africanas ao mando do seu irmán [[Asdrúbal Barca|Asdrúbal]]: reuniu ao mesmo tempo en [[Cartagena, España|Cartaxena]] un exército composto por máis de 100.000 soldados de infantería, 12.000 xinetes e 100 elefantes, atopándose entre aquelas tropas numerosos corpos de soldados españois asalariados, aos cales lles debeu algunhas das súas vitorias. Á cabeza desta xente, composta na súa maioría polos nosos sobrios, áxiles e infatigables peninsulares, lanzouse, no ano 537 de Roma, a levar a guerra ao corazón mesmo de Italia, moi contra a esperanza dos romanos que crían que ía circunscribirse á loita das comarcas de España e de Sicilia. No [[Exército de Cartago|exército de Aníbal]] ocupaban o primeiro lugar entre a multitude hispana os entón indómitos cántabros, segundo o manifestan [[Silio Itálico]] (libro III), e [[Quinto Horacio Flacco]] (lib. IV, oda XIV).|Don [[Manuel de Assas]]. Crónica da [[Provincia de Santander]]. [[1867]].}}
 
Tamén parece constatada a súa intervención axudando aos [[vacceos]] da Meseta norte contra os romanos no ano [[-151|151 a. C.]] E así mesmo son mencionados de novo durante o sitio de [[Numancia, España|Numancia]]:
 
{{cita|[[Quinto Pompeio Rufo]], pouco despois de ter tomado o mando da España Citerior, rompeu coa cidade de Numancia a paz estipulada nos tratados feitos con [[Tiberio Sempronio Graco]], pretestanto que os numantinos lle deran asilo aos habitantes de [[Segeda]] que, en tempos de [[Viriato]], auxiliaran a tan célebre caudillo español e tremendo inimigo do pobo romano. Os de Numancia, dirixidos polo valente e destro xefe [[Megara]], defendéronse tan hábil e denodadamente, que Pompeio Rufo, concluído o período do seu mando, deixou en pé a guerra, e a [[Popilio]] á fronte do exército. Popilio continuou a loita, pero con tal desgraza, que se viu derrotado polos seus aguerridos e heroicos contendentes. Sucedeuno no mando o cónsul [[Caio Hostilio Mancino]], quen sitiou Numancia, e despois de ter sufrido grandes perdas coas impetuosas saídas dos habitantes, tivo noticia de que os cántabros e os [[vacceos]] marchaban a socorrer aos da cidade. Sen atreverse a esperalos, fuxiu levantando sixilosamente durante a noite o seu campamento.|Don [[Manuel de Assas]]. Crónica da [[Provincia de Santander]]. 1867.}}