Johannes Brahms: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: imaxe da casa natal de Brahms
Piquito (conversa | contribucións)
máis de es.wiki
Liña 12:
|}}
'''Johannes Brahms''', nado en [[Hamburgo]] o [[7 de maio]] de [[1833]] e finado en [[Viena]] o [[3 de abril]] de [[1897]], foi un [[piano|pianista]] e [[compositor]] [[Alemaña|alemán]] do [[música do romanticismo|romanticismo]]. Brahms é unha figura prominente da música do [[século XIX]], cecais o último gran compositor clásico, é considerado a antítese de [[Richard Wagner|Wagner]] e [[Liszt]]. Trátase dun dos máis importantes músicos do romanticismo e é considerado por moitos como o "sucesor" de [[Ludwig van Beethoven|Beethoven]], ata o punto de que a súa ''[[Sinfonía Nº 1 (Brahms)|Primeira Sinfonía]]'' foi descrita por [[Hans von Bülow]] como ''a décima sinfonía de Beethoven''.<ref>Sigmund Gottfried Spaeth, ''At home with music'' (1971), p. 245</ref> Home ás veces difícil e intransixente, compuxo obras mestras en tódolos xéneros agás a [[ópera]].
 
As expresións ''Os tres bes'' ou ''A santa trinidade'' (frase acuñada por [[Hans von Bülow]]) refírense a Bach, Beethoven e Brahms como tres dos maiores compositores da historia da música.{{#tag:ref|{{cita libro
|url=http://books.google.es/books?id=IGpZJnPbG0UC&lpg=PA11&pg=PA11#v=onepage&f=false
|título=Greene's biographical encyclopedia of composers
|autor=David Mason Greene
|cita=Foi Bulow quen elevou a Brahms á santa trinidade da música alemá, con J. S. Bach e Beethoven, "os tres B"
|capítulo=Brahms, Johannes
|página=695|año=2007|isbn=9780385142786}}<br />
<!-- además: http://books.google.es/books?id=2W8zeobRp_oC&lpg=PA115&pg=PA115#v=onepage&f=false -->
}}
Algúns opinan, sen embargo, que von Bülow incluíu a Brahms en dita "trinidade" por despeito e para perxudicar a Wagner, con quen estaba enemizado dende que a súa dona o abandonou para casar co outro compositor.<ref>{{cita libro
|título=Wagner and the wonder of art: an introduction to Die Meistersinger.
|volumen=G - Reference, Information and Interdisciplinary Subjects Series
|autor=M. Owen Lee
|editor=University of Toronto Press
|año=2007
|isbn=9780802095732
|página=11
|url=http://books.google.es/books?id=IGpZJnPbG0UC&lpg=PA11&pg=PA11#v=onepage&f=false
|cita=Hans von Bülow escribiu a un amigo “Non podes nin comezar a imaxinar a riqueza da súa música; un traballo artesanal como o de Cellini en cada detalle. Wagner é o máis grande compositor, fácilmente á par de Beethoven e Bach, e aínda máis.” ... Máis tarde, logo de ter concedido o divorcio á súa dona Cosima para que puidera casar con Wagner, armou unha nova trinidade. Acuñou a frase, aínda en uso, 'Bach, Beethoven, e ''Brahms'''.
}}</ref>
 
Brahms é frecuentemente considerado á vez tradicional e innovador. A súa música está firmemente enraizada nas estruturas e técnicas de composición dos mestres do [[música do barroco|barroco]] e do [[música do clasicismo|clasicismo]]. Era un mestre do [[contrapunto]], a complexa e áltamente disciplinada que fixo famoso a [[Johann Sebastian Bach]], e do [[desenvolvemento musical|desenvolvemento]], un ethos compositivo creado por [[Joseph Haydn]], [[Wolfgang Amadeus Mozart]], [[Ludwig van Beethoven]], entre outros compositores. Brahms tivo como obxectivo honrar a "pureza" destas venerables estruturas "alemás" e avanzar nelas cara a un idioma romántico, no proceso de creación de novos enfoques para a harmonía e a melodía. Mentres que moitos contemporáneos atoparon a súa música demasiado académica, a súa contribución e artesanía teñen sido admiradas por figuras posteriores tan diversas como [[Arnold Schoenberg]]<ref>Schoenberg eloxiou a Brahms nunha emisión de radio en 1933, posteriormente publicou un artigo titulado "Brahms o progresista" [http://www.hr-online.de/website/rubriken/kultur/index.jsp?rubrik=50660&key=standard_document_38091598]</ref> ou [[Edward Elgar]].<ref>{{en}} MacDonald, ''Brahms'' (1990), p. 406</ref>