Lonicera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 27:
 
==== Outros nomes vulgares ====
En galego existen multitude de nomes para as diferentes especies de ''Lonicera'', ás veces uns mestúranse con outros. Entre eles: madreselva (var. ''madresilva''), cabrifollo (var. cadrifollo), herba salgueira, ''bigorda'', ''zugos'' (var., chuchamel, (zugameles, ''sugamés''), ''altasebes'', ''garnicela'', etc.
 
=== Descrición ===
As [[folla]]s son opostas, ovais simples, e de 1–10 cm de lonxitude. A maioría son [[caducifolia]]s e algunhas son [[Perennifolio|perennifolia]]s. Moitas das especies presentan flores que presentan un olor perfumado, producindo un doce néctar comestible. A froita é unha baga de coloración roxa, azul ou negra contendo varias sementes; na maioría das especies as bagas son levemente tóxicas, porén algunhas (como a ''Lonicera caerulea'') teñen bagas comestibles. Estas plantas son a base de alimentación das [[larva]]s dalgunhas especies de [[Lepidoptera]].