Topoloxía de rede: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 10:
Unha topoloxía en árbore (tamén coñecida como topoloxía xerárquica) pode ser vista como unha colección de redes en estrela ordenadas nunha xerarquía. Esta árbore ten nodos periféricos individuais (por exemplo follas) que requiren transmitir e recibir doutro nodo só e non necesitan actuar como repetidores ou rexeneradores. Ao contrario que nas redes en estrela, a función do nodo central pódese distribuír.
 
Como nas redes en estrela convencionais, os [[Nodo (informática)|nodo]]s individuais poden ficar illados da rede por un fallo puntual na ruta de conexión do nodo. Se falla un enlace que conecta cun "nodo folla", ese "nodo folla" fica illado; se falla un enlace cun nodo que non sexa folla, a sección enteira fica illada do resto.
 
Para aliviar a cantidade de tráfico de rede que se necesita para retransmitir todo a todos os nodos, desenvolvéronse nodos centrais máis avanzados que permiten manter unha listaxe das identidades dos diferentes sistemas conectados á rede. Estes [[switch]]es de rede "aprenderían" como é a estrutura da rede transmitindo paquetes de datos a todos os nodos e observando de onde veñen os paquetes resposta.