Grupo Galaico de Arte Rupestre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Galería de Imaxes: retiro imaxe repetida
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 7:
O conxunto de petróglifos galegos é un dos máis ricos e peculiares dentro do marco europeo e incluso mundial<ref name=Gran_historia_de_Galicia>CAAMAÑO GESTO, José Manuel: "A Gran historia de Galicia. Prehistoria de Galicia. Volume 2: O Calcolítico e a Idade de Bronce". ISBN 978-84-96931-02-2.</ref>. Os petróglifos Grupo Galaico de Arte Rupestre están realizados sobre [[granito]], agás os máis primitivos, que están gravadas sobre [[lousa]], e en [[Sarria]] e [[Samos]] sobre [[xisto]]. Non se sabe se esta foi unha escolla intencional ou se é que se trata simplemente do material máis duradeiro, e por ese motivo chegaron ata os nosos días. Os petróglifos galegos presentan unha elevada [[erosión]] e, en ocasións, son difíciles de observar.
 
Os conxuntos de petróglifos sitúanse nas abas das serras, e en ocasións atópanse rodeando [[braña]]s e [[cubeta]]scubetas, así como nas liñas de tránsito que comunican estas zonas cos lugares onde se atopan os poboados, como demarcando un territorio. Durante a [[Idade do Bronce]] os poboados eran establecidos en zonas con fácil acceso á [[auga]]. Nas sociedades prehistóricas a arte sempre estivo relacionada con actividades de carácter ritual e relixioso, é dicir, que ademais de servir como marca territorial, os petróglifos puideron funcionar como lugares de agregación de guerreiros e como indicadores de sitios cunha especial carga simbólica.
 
==Cronoloxía==